El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Exposiciones

Exposición 'Retornos' de Álvaro de la Vega en A Coruña

Zona: A Coruña
Inicio:Viernes, 30 de enero · 20:00
Final:Viernes, 10 de abril · 22:00
Lugar:Moret Art de A Coruña

Exposición 'Retornos' de Álvaro de la Vega en Moret Art de A Coruña

  • O próximo venres, día 30 de xaneiro, ás 20:00 horas, Moret Art (Uruguai, 1 baixo) ten o pracer de inaugurar “Retornos”, unha exposición dedicada ao artista galego Álvaro de la Vega.
  • Tras catro anos desde o seu anterior proxecto expositivo en Moret “Ingrávidos”, o escultor lucense Álvaro de la Vega preséntanos “Retornos”, unha nova mostra na que volveremos gozar dalgúns dos seus eixos fundamentais da súa traxectoria artística dende unha mirada actual e renovada.
  • Nesta nova exposición o autor volve co seu estudo sobre a interrelación entre espazo-obra- espectador, establecendo de novo un diálogo entre o presente creativo e as raíces que configuraron o seu imaxinario dende a infancia.
  • As súas esculturas propóñennos un regreso ao esencial: a materia, o xesto e a experiencia directa coa contorna.
  • A madeira, material esencial nas súas obras, volve ser o soporte expresivo de corpos humanos e animais que parecen emerxer dun tempo suspendido, portadores dunha gran carga introspectiva e social.
  • Novamente as pegadas do proceso manual das súas tallas permanecen visibles reforzando unha estética de inmediatez, impulso e emoción que define á perfección a súa linguaxe plástica
  • En “Retornos” as pezas dispóñense como presenzas que convidan a unha observación pausada xerando percorridos e relacións visuais que amplifican o seu significado.
  • A súa figuración expresionista evoluciona cara a unha interacción máis directa entre as figuras, establecendo vínculos que aluden á pertenza, ao tránsito e á construción de identidade.
  • Este último proxecto supón un exercicio de volta á orixe e ao territorio emocional como experiencia física e sensorial.
  • Un retorno entendido non como repetición, senón como reafirmación e maduración dun discurso artístico coherente e profundamente persoal.
  • Álvaro de la Vega (Paradela, Lugo, 1954) sobresae polo seu firme e coherente traxectoria na que destaca a súa presenza nalgunhas das mellores salas de exposicións nacionais e internacionais, principalmente en Francia e Sudamérica, así como a súa participación nas feiras de arte contemporánea máis prestixiosas.
  • Foi galardoado en numerosas ocasións e a súa obra forma parte de renombradas coleccións como a de Abanca, Afundación, Unión Fenosa, Museo de Belas Artes da Coruña, Fonds d´art Caixa ou a do Museu d´Art Contemporani de Barcelona, así como de numerosas coleccións privadas.

Información del lugar

Lugar:Moret Art de A Coruña
Dirección:Calle Uruguay, 1 - bajo
Código postal:15004
Localidad:A Coruña (A Coruña)
Útil