Espectáculo 'Fórum e o enigma das pirámides' en A Coruña - 26/4/2025
| Zona: | A Coruña |
| Este evento tiene varias fechas o funciones | |
| Desde: | Sábado, 26 de abril · 19:00 |
| Hasta: | Domingo, 27 de abril · 15:00 |
| Fechas: | |
| Precio: | 25 € |
| Lugar: | Fórum Metropolitano - A Coruña |

Espectáculo 'Fórum e o enigma das pirámides' en Fórum Metropolitano - A Coruña
- sta noite, o Fórum convértese nun escenario misterioso e cheo de aventuras. Como grandes aventureiros/as, teredes a oportunidade de viaxar no tempo e descubrir os segredos dun dos lugares máis fascinantes e misteriosos da historia: o Exipto dos faraóns.
- Pasaredes unha boa chea de aventuras para tratar de descubrir todos os misterios que están por aparecer. Personaxes, lugares insólitos, intrigas... estarán no Fórum para facer desa noite unha xornada divertida e única.
- Pero ollo!, xa sabedes que as cousas non son o que semellan! Se tes o espírito aventureiro e queres vivir unha noite divertida na que nada vai ser o que parece... Explora os recunchos do Fórum para atopar, descubrir e vivir as innumerables propostas que o nosos educador@s che van propoñer, dunha forma totalmente distinta e disparatada.
- Demostra o teu valor realizando as probas máis intrépidas e aloucadas, endexamais vividas. Goza dunha noite incrible, onde, por raro que pareza, todo pode acontecer.



