Espectáculo 'Desexo' de Thalía Teatro en A Coruña - 18/10/2025
Espectáculo 'Desexo' de Thalía Teatro en Teatro del Andamio - A Coruña
- Como foi a nosa educación sexual?
- Estamos preparados para ter unha sexualidade sa?
- Sabemos como afrontar as nosas relacións?
- Somos capaces de educar ás próximas xeracións?
- Onde aprendemos o que sabemos sobre sexo?
- Na pornografía? Nas redes sociais?
- E que consecuencias ten formarse así?
- Intentemos fixarnos nas publicacións, na música,
- na publicidade...
- Vivimos na sociedade do desexo, a máis sexualizada da historia, pero na que todas estas cuestións seguen a seren tabú.
- deseXo é un xoguete cómico que aborda todo isto,
- porque xa vai sendo hora de falar claramente sobre sexo.