Espectáculo 'As formas do amor' - Risas e reflexións sobre as relacións de parella en A Coruña - 10/12/2025
| Zona: | A Coruña |
| Inicio: | Miércoles, 10 de diciembre · 20:00 |
| Final: | Miércoles, 10 de diciembre · 22:00 |
| Precio: | Gratis € |
| Lugar: | Centro Ágora de A Coruña |

Espectáculo 'As formas do amor' - Risas e reflexións sobre as relacións de parella en Centro Ágora de A Coruña
- O mércores 10 de decembro, ás 20.00 h, no auditorio do Centro Ágora, teremos a representación da obra de teatro As formas do amor, dirixida a todo tipo de público (de máis de 12 anos).
- O Servizo de Normalización Lingüística organiza este espectáculo teatral, dentro das accións de fomento e promoción da lingua galega, para a poboación en xeral.
- Co fin de traballarmos unha lingua de calidade e promover a difusión de actividades culturais, representarase esta obra actual e lúdica na que todas as persoas espectadoras se senten reflectidas.
- Unha peza alegre, chea de música, conmovedora e necesaria polo seu impacto positivo en valores nos que cremos: o amor, a igualdade entre mulleres e homes, a necesidade de mostrar en teatro masculinidades sensibles, e a posibilidade de construír vínculos saudables e respectuosos, especialmente nos momentos de dor ou separación.
- Necesitamos novas historias de amor de parella, novas narrativas, que nos afasten do obvio, do ridículo, do estereotipado, do violento e do competitivo e que, ao mesmo tempo, sexan nosas. Podemos contar algo máis sobre o amor?
- Ela e el foron parella.
- Foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida, porque todo o poñen patas para arriba, revísano, sacódeno, desmóntano e vólveno armar.
- Logo dun tempo separados, talvez hoxe sexa o día xusto para volvérense atopar por primeira vez.
- Unha viaxe polas emocións.
- Unha historia que dá para falar e reflexionar sobre iso que chamamos "amor".
- A entrada será libre e gratuíta, ata se completar a capacidade do auditorio do centro.