El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Teatro y Ópera
Ofrecido por:

Espectáculo 'As formas do amor' - Risas e reflexións sobre as relacións de parella en A Coruña - 10/12/2025

Zona: A Coruña
Inicio:Miércoles, 10 de diciembre · 20:00
Final:Miércoles, 10 de diciembre · 22:00
Precio:Gratis €
Lugar:Centro Ágora de A Coruña

Espectáculo 'As formas do amor' - Risas e reflexións sobre as relacións de parella en Centro Ágora de A Coruña

  • O mércores 10 de decembro, ás 20.00 h, no auditorio do Centro Ágora, teremos a representación da obra de teatro As formas do amor, dirixida a todo tipo de público (de máis de 12 anos).
  • O Servizo de Normalización Lingüística organiza este espectáculo teatral, dentro das accións de fomento e promoción da lingua galega, para a poboación en xeral.
  • Co fin de traballarmos unha lingua de calidade e promover a difusión de actividades culturais, representarase esta obra actual e lúdica na que todas as persoas espectadoras se senten reflectidas.
  • Unha peza alegre, chea de música, conmovedora e necesaria polo seu impacto positivo en valores nos que cremos: o amor, a igualdade entre mulleres e homes, a necesidade de mostrar en teatro masculinidades sensibles, e a posibilidade de construír vínculos saudables e respectuosos, especialmente nos momentos de dor ou separación.
  • Necesitamos novas historias de amor de parella, novas narrativas, que nos afasten do obvio, do ridículo, do estereotipado, do violento e do competitivo e que, ao mesmo tempo, sexan nosas. Podemos contar algo máis sobre o amor?
  • Ela e el foron parella.
  • Foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida, porque todo o poñen patas para arriba, revísano, sacódeno, desmóntano e vólveno armar.
  • Logo dun tempo separados, talvez hoxe sexa o día xusto para volvérense atopar por primeira vez.
  • Unha viaxe polas emocións.
  • Unha historia que para falar e reflexionar sobre iso que chamamos "amor".
    • A entrada será libre e gratuíta, ata se completar a capacidade do auditorio do centro.
Útil