El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Charlas y Conferencias
Ofrecido por:

Día de las Mujeres Escritoras en la Biblioteca Galgo Azul en A Coruña - 20/10/2025

Zona: A Coruña
Inicio:Lunes, 20 de octubre · 19:00
Final:Lunes, 20 de octubre · 22:00
Lugar:Librería Galgo Azul - A Coruña

Día de las Mujeres Escritoras en Librería Galgo Azul - A Coruña

  • A libraría Galgo Azul (Avda. Gramela 16, A Coruña), convida á comunidade a participar dun encontro con dúas autoras galegas polo Día das Mulleres Escritoras.
  • As investigadoras Carmen V. Valiña (As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo. 1885-1936. Editorial Galaxia) xunto a Montse Fajardo Pérez (As mulleres que o franquismo agochou en Compostela. Editorial Positivas) conversarán sobre os seus recentes traballos de investigación ao redor dos temas mulleres, historia e saúde mental en Galicia.
  • Os traballos destas dúas escritoras percorren partes claves da nosa historia recente neste campo.
  • En “As tolas…”, Carmen V. Valiña rescata o esquecemento das voces silenciadas de mulleres internadas no hospital psiquiátrico de Conxo nun relato documentado e conmovedor, que achega a realidade de mulleres que sufriron o encerro non por enfermidade, senón por ser quen eran: aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes.
  • Por outra banda, Montse Fajardo en “Rotas…” conta do resultado de buscar nos arquivos, na memoria oral e na escasa bibliografía existente, a pegada das galegas que foron borradas mesmo do álbum familiar contadas polo pobo con relatos de loucura sen mirar as cicatrices que lles deixara o tempo das irrupcións nocturnas, das violacións ou dos mozos asasinados.
  • O encontro, programado para o luns 20 de outubro ás 19.00 horas e con entrada de balde, estará moderado pola bibliotecaria Eva Vieites. Será unha oportunidade para coñecer e falar dunha páxina pouco coñecida para a sociedade e verter cordura sobre o relato da nosa propia historia.

Información del lugar

Lugar:Librería Galgo Azul - A Coruña
Dirección:Av. Gramela, 16
Código postal:15010
Localidad:A Coruña (A Coruña)
Útil