El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Charlas y Conferencias
Ofrecido por:

Conversación 'A voz das mulleres na plástica galega do século XX' de Beatriz Álvarez Noia en A Coruña - 10/9/2025

Zona: A Coruña
Inicio:Miércoles, 10 de septiembre · 19:30
Final:Miércoles, 10 de septiembre · 21:30
Precio:Inscripción previa €
Lugar:Agrupación Cultural Alexandre Bóveda - A Coruña

Conversación 'A voz das mulleres na plástica galega do século XX' de Beatriz Álvarez Noia en Agrupación Cultural Alexandre Bóveda - A Coruña

  • O mércores 10 de setembro, ás 19.30 h, a xestora cultural e historiadora da arte, Beatriz Álvarez Noia, falaranos da voz das mulleres na plástica galega do século XX. Esta palestra fai parte do ciclo Visionarte: Arte contemporánea galega baixo ollos de Muller.
  • A historia da arte, tal e como foi transmitida pola tradición historiográfica consolidou uns códigos simbólicos e discursivos que favoreceron o protagonismo da figura do artista masculino, excluíndo sistematicamente ás mulleres dos principais movementos artísticos.
  • Esta exclusión non deriva dunha natureza feminina esencial nin dunha suposta falta de talento creador, senón das funcións sociais e das limitacións impostas polas estruturas patriarcais e polos sistemas educativos que, durante séculos, relegaron ás mulleres ao ámbito privado.
  • Como sinalou Linda Nochlin no seu ensaio fundacional Why Have There Been No Great Women Artists? (1971), a marxinación das creadoras foi consecuencia dun marco institucional e cultural que lles negou o acceso á formación, ás academias e aos espazos de visibilidade pública.
  • A historia da arte tradicional silenciou ás artistas e configurou unha mirada androcéntrica que determinou que obras, estilos e nomes eran considerados dignos de ser lembrados, mais agora é imprescindible construír unha historia da arte máis inclusiva, plural e xusta.
  • Debemos contribuír á reconstrución desta historia ausente, visibilizando e revisando o papel desempeñado polas artistas galegas ao longo do tempo.

Información del lugar

Lugar:Agrupación Cultural Alexandre Bóveda - A Coruña
Dirección:Olmos, 18
Código postal:15003
Localidad:A Coruña (A Coruña)
Útil