Conferencia y debate - 'Habitar en cooperativa: O futuro da vivenda' de Jaime Palomera en A Coruña - 15/10/2025
| Zona: | A Coruña |
| Inicio: | Miércoles, 15 de octubre · 17:30 |
| Final: | Miércoles, 15 de octubre · 20:30 |
| Precio: | Gratis € |
| Lugar: | Concello de A Coruña |

Conferencia y debate - 'Habitar en Concello de A Coruña
- A Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) organizará mañá mércores, 15 de outubro, a conferencia O secuestro da vivenda. Por que é tan difícil ter casa e como isto pode romper a sociedade que ofrecerá o afamado investigador de referencia neste ámbito, Jaime Palomera, doutor en Antropoloxía Económica da Universidade de Barcelona e investigador e fundador do Institut de Recerca Urbana de Barcelona (IDRA).
- A conferencia celebrarase na sede colexial (rúa Federico Tapia, 64) ás 19:00 horas. Jaime Palomera desmonta un a un os mitos que rodean ao mercado da vivenda.
- A partir de casos de éxito como Viena ou Singapur, amosa por que os prezos non van deixar de subir e como só cambios estruturais evitarán que barrios e pobos se convertan en cotos privados ao servizo duns poucos privilexiados.
- “La especulación amenaza el futuro del país, pero aún estamos a tiempo de cambiarlo. Vivir en nuestras ciudades es como jugar una partida amañada de Monopoly, unos pocos acumulan propiedades, mientras la mayoría lucha por no quedarse fuera. ¿El resultado? Una sociedad cada vez más desigual, donde heredar o no puede definir tu destino” –argumenta–.
- Para explicar todo isto na conferencia, Palomera basearase nas investigacións que deron lugar ao seu libro de referencia, que se titula de forma análoga a esta charla, El secuestro de la vivienda (Ediciones Península, 2025).
- O libro, non só desentraña as raíces dunha crise que afecta a millóns de persoas, senón que tamén explica como o mercado si está intervido, pero a favor do rentismo. A publicación é unha chamada á acción, a repensar as políticas actuais e a devolver á vivenda a súa condición de dereito fundamental.
- Jaime Palomera é unha referencia indiscutible a nivel europeo no ámbito de estudo das problemáticas de acceso á vivenda. Doutor en Antropoloxía Económica pola Universidade de Barcelona, investigador e cofundador do Instituto de Recerca Urbana de Barcelona (IDRA) e do Sindicato de Llogateres.
- Obtivo un máster na Universidade de Londres e ten traballado en diversas institucións, ademais de ter sido investigador visitante en New York e París.
- Ten publicado estudos en prestixiosas revistas científicas internacionais dos últimos 40 anos.
- Ao longo da súa traxectoria, ten combinado o estudo académico co activismo, contribuíndo á construción de alternativas concretas e viables para garantir un país onde todas as xeracións poidan vivir con dignidade.
Información del lugar
| Lugar: | Concello de A Coruña |
| Dirección: | Praza de María Pita, 1 |
| Código postal: | 15001 |
| Localidad: | A Coruña (A Coruña) |
| Teléfono: | 981 18 42 00 |
| Página web: | Web oficial Concello de A Coruña |