Conferencia sobre la astronomía no Sáhara por Andrea Rodríguez Antón en Agrupación Cultural Alexandre Bóveda - A Coruña
A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organizan conxuntamente unha conferencia sobre a astronomía no Sáhara da man a cargo da investigadora Andrea Rodríguez Antón.
Lonxe de ser un territorio hostil para a vida, o deserto do Sahara é e foi un espazo habitado polo que transitaron grupos nómades durante milenios.
Todas estas persoas observaron o impresionante ceo que domina a paisaxe, atentas aos seus cambios.
Nesta presentación farase un achegamento ao patrimonio astronómico do Sahara Occidental a partir dos incontábeis vestixios arqueolóxicos aínda presentes no deserto, así como das voces que aínda gardan unha memoria máis recente sobre o papel da astronomía nos labores cotiáns e estacionais.
Andrea Rodríguez Antón é doutora en astrofísica e investigadora do INCIPIT (Instituto de Ciencias do Patrimonio) de Santiago de Compostela.
No acto participarán ademais membros da Comunidade Saharauí en Galiza que nos falarán da situación actual do Sáhara Occidental.