Conferencia 'Saúde e Sanidade. Crise de Atención Primaria ou do Sistema?' de Ramón Veras Castro en A Coruña - 12/3/2026
| Zona: | A Coruña |
| Inicio: | Jueves, 12 de marzo · 19:00 |
| Final: | Jueves, 12 de marzo · 21:00 |
| Precio: | Gratis € |
| Lugar: | Centro Ágora de A Coruña |

Conferencia 'Saúde e Sanidade. Crise de Atención Primaria ou do Sistema?' de Ramón Veras Castro en Centro Ágora de A Coruña
- Preocúpannos os tempos de espera na sanidade, no plano individual que teñamos algún problema e non se nos atenda ben e nos tempos necesarios para facelo, pero, sendo isto lóxico e moi real, é certo que as estratexias de mellora da saúde máis eficientes e útiles están en gran parte fóra do sistema sanitario.
- É clásico o estudo de Dever (1976), no que se demostra que a modificación dos estilos de vida e o coidado do medio ambiente beneficiaríanos máis que todo o gasto que facemos no sistema sanitario.
- No 2008 a OMS publicou por primeira vez un estudo onde se demostraba o impacto dos determinantes sociais da saúde, isto é, o que se relaciona coa nosa vida: onde nacemos e crecemos, a educación, o traballo, as relacións sociais e o medio onde vivimos.
- Na palestra repasarase esta estratexia de saúde e o que afecta ao sistema sanitario: listas de agarda, privatización, relación profesional dentro do sistema e a nova cultura profesional, o consumo sanitario e a necesidade de promoción de saúde e de participación social no servizo sanitario
- Esta conferencia, como todas as actividades de "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.