Conferencia 'Do asfalto á area: a renaturalización da duna de Santa Cristina' en Ferrol - 12/12/2025
| Zona: | Ferrolterra |
| Inicio: | Viernes, 12 de diciembre · 19:30 |
| Final: | Viernes, 12 de diciembre · 21:30 |
| Lugar: | Concello de Ferrol |

Conferencia 'Do asfalto á area: a renaturalización da duna de Santa Cristina' en Concello de Ferrol
- Temos o gusto de anunciar a seguinte conferencia Do asfalto á area: a renaturalización da duna de Santa Cristina o venres 12 de novembro ás 19:30, organizada pola Delegación de Ferrol da SGHN, dentro do ciclo de Xuntanzas Naturalistas, e conta, como todas elas, co patrocinio da Deputación da Coruña.
- A conferenciante é Noelia Pereira Álvarez, licenciada en bioloxía, máster en Enxeñería ambiental e actualmente realizando a súa tese doutoral na Universidade de Santiago de Compostela co título "Biodiversidade, ecoloxía e conservación das comunidades de plantas en ecosistemas dunares de Galicia".
- A duna de Santa Cristina, situada nun enclave turístico próximo á Coruña, constitúe un exemplo emblemático de recuperación dun ecosistema dunar urbano.
- Esta praia, formada por unha frecha de area, estaba orixinalmente constituída por unha duna vexetada, pero sufriu importantes alteracións desde mediados do século XX debido á construción de edificacións e ao uso intensivo humano, acompañadas da perda de area pola modificación das correntes costeiras asociada aos diques.
- Nas últimas dúas décadas, con todo, obsérvase unha recuperación significativa da vexetación dunar e a duna mantense activa, evidenciando que, ao eliminar os impactos antrópicos, os procesos naturais poden restaurar os ecosistemas de forma espontánea.
- Este caso ilustra o potencial da renaturalización como estratexia de conservación e recuperación ambiental, en consonancia coas directrices europeas que promoven o desenvolvemento sostible, a restauración de hábitats naturais e a resiliencia dos ecosistemas costeiros, mostrando que é posible conciliar a recuperación ecolóxica co valor socioeconómico e turístico dun entorno de grande relevancia
Información del lugar
| Lugar: | Concello de Ferrol |
| Dirección: | Praza de Armas, s/n |
| Código postal: | 15402 |
| Localidad: | Ferrol (A Coruña) |
| Teléfono: | 981 944 000 |
| Página web: | Web oficial Concello de Ferrol |
| Más info: | Noticias sobre Ferrol |
