El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Conciertos

Concierto de Quico Comesaña Grupo - MARÉ Festival en Santiago de Compostela - 28/9/2025

Zona: Santiago
Inicio:Domingo, 28 de septiembre · 19:00
Final:Domingo, 28 de septiembre · 21:00
Precio:Desde 18 €
Lugar:Teatro Principal - Santiago

Concierto de Quico Comesaña Grupo - MARÉ Festival en Teatro Principal - Santiago

  • Coma parte do festival MARÉ, que volve a Compostela do 25 ao 29 de setembro, o ex membro fundador do grupo Berrogüetto, Quico Comesaña, presenta o seu primeiro disco en solitario Mãe, coma guiño aos 30 anos do Festival Folk Cidade Vella. Neste concerto especial estará acompañado por artistas coma Quim Fariña, Santi Cribeiro ou as Pandereteiras Anubía.
  • A historia de Mãe transcurre dende a infancia á adolescencia de este artista. Lugares, vivencias, momentos... música inspirada nos recordos dun neno, mesturada entre a realidade e a fantasía que quedou na súa memoria, coa natureza como protagonista.
  • Unha obra conceptual que consta de catro longas composicións instrumentais a modo de suite. Mãe representa a todos os seres con capacidade para xerar vida, dende as criaturas máis pequenas ata o propio planeta. Homenaxe ao feminino e á natureza. A súa música transpórtanos e acompáñanos por diferentes paisaxes sonoras. De estilo inclasificable, que vai dende a tradición e o mundo folk, pasando por inspiracións en músicas de corte progresivo e conceptual.
  • Agardamos por vós o vindeiro domingo 28 de setembro no Teatro Principal.
Útil