Concierto de Omar Souleyman - Festival Maré 2026 en Santiago de Compostela - 25/9/2026
| Zona: | Santiago |
| Inicio: | Viernes, 25 de septiembre · 23:00 |
| Final: | Viernes, 25 de septiembre · 23:59 |
| Precio: | Desde 20 € |
| Lugar: | Sala Capitol - Santiago |

Concierto de Omar Souleyman - Festival Maré 2026 en Sala Capitol - Santiago
- Que este músico sirio posúe unha das voces máis a contraxeito dos últimos tempos quedou máis que demostrado pola súa capacidade para romper barreiras de aceptación crítica e social a través de importantes medios de comunicación anglosaxóns como Pitchfork e colaboracións con figuras do pop heterodoxo como Björk.
- Pero por que esta renovada apreciación da súa obra? Para comezar, porque estamos a falar dunha personalidade inconformista que fixo do dabke e do mawal a semántica dunha locomotora rítmica con connotacións tecno e post-disco, establecendo paralelismos co impacto internacional do gran Khaled dende Alxeria a partires do raï.
- Non fai falta dicir que a oportunidade de experimentar o seu frenesí mántrico en directo é un deses encontros memorables coa historia alternativa dos nosos días que non se poden deixar pasar.



