Concierto de MJ Pérez e CRUA - Festival Pétalos de Igualdade en A Coruña - 26/7/2025
| Zona: | A Coruña |
| Inicio: | Sábado, 26 de julio · 19:30 |
| Final: | Sábado, 26 de julio · 21:30 |
| Precio: | Gratis € |
| Lugar: | Centro Ágora de A Coruña |

A cantautora MJ Pérez e o grupo portugués CRUA unen voces nun concerto especial. Será a xuntanza destes dous proxectos que nos deleitarán co mellor do seu repertorio e que interpretarán ao vivo ou seu tema en colaboración "Ora aperta, amor".
CRUA
- Ou repertorio tradicional ibérico é o punto de partida para o concerto e o encontro afectivo con estas seis mulleres, urbanas -do seu tempo.
- O adufe, curmán do pandeiro, elemento sacro que guía a exploración rítmica e vocal, non está só: bombo, cribos, pandeiretas, cunchas, timbalón e outras percusións tradicionais crean o conxunto base.
- As cancións, na súa maioría do repertorio tradicional, son o punto de partida para reflexións transversais ao tempo -afecto, coidado, traballo.
- Voces próximas ao primal que vos convidan a estar, a escoitar e a sentir, nun cruzamento de tempos [pasado e presente] e de xeografías [rural e urbano].
MJ PÉREZ
- MJ Pérez é unha cantora galaicoportuguesa que conta xa con máis de 10 anos de carreira actuando en palcos de Galiza e Portugal.
- Cun repertorio que resume algúns dos temas máis importantes deste percurso e que suma algúns temas novos, MJ presenta unha viaxe que fusiona a canción de autora con ritmos latinos, ou pop-rock ou as músicas do mundo.
- Todo coa súa particular voz e cunhas letras cargadas de mensaxe, no xeito de narrar e transmitir de MJ acompañada e rodeada da súa banda.

