Concierto de Magalí Sare e Vox Stellae - Festival Maré 2026 en Santiago de Compostela - 23/9/2026
| Zona: | Santiago |
| Inicio: | Miércoles, 23 de septiembre · 20:00 |
| Final: | Miércoles, 23 de septiembre · 22:00 |
| Precio: | Desde 18 € |
| Lugar: | Teatro Principal - Santiago |

Concierto de Magalí Sare e Vox Stellae - Festival Maré 2026 en Teatro Principal - Santiago
- A marea ábrese paso co universo sonoro de Magalí Sare.
- Esta voz prodixiosa inaugurará o festival MARÉ, no que presentará o seu novo proxecto, Descasada Vol 1.
- Un álbum abertamente feminista que desborda talento e sensibilidade, froito de tres anos de investigación e recompilación de cancións tradicionais de distintas culturas que dan voz ás mulleres e a súa experiencia co matrimonio.
- Unha travesía sonora na que o cerne é a sororidade, o que nos conecta coa esencia da nosa querida Begoña Caamaño -a quen este ano se lle adicaron as Letras Galegas- por reinvindicar ámbalas dúas na súa obra o protagonismo radical (do étimo radicalis, de raíz) das historias de mulleres.
- É o seu un traballo de comunidade musical, unha polifonía conceptual e vocal, no que o folclore iberoamericano se mestura coa música clásica, o canto coral ou o jazz; e no que conflúen cancións en 12 idiomas distintos, entre eles o galego.
- Para a ocasión estará acompañada do coro de cámara compostelán Vox Stellae nunha colaboración do máis especial que envolverá ao público nunha atmosfera máxica.
- Agardamos por vós o vindeiro mércores 23 de setembro no Teatro Principal.



