style="font-weight: 400;">Galicia Magic Fest chega á súa oitava edición cun style="font-weight: 400;">gran elenco de ilusionistas de relevancia mundial e caras coñecidas de programas como style="font-weight: 400;">Got Talent. Os días 2 e 3 de xaneiro haberá catro sesións no Teatro Colón, ás 18.00 e 20.30 style="font-weight: 400;">horas o xoves 2 e ás 12.00, 18.00 e 20.30 horas o venres 3. Este espectáculo forma parte style="font-weight: 400;">da programación de Nadal do Concello, coa que “o Goberno de Inés Rey ofrece un mes style="font-weight: 400;">completo de actividades para todos os públicos e idades”, tal e como sinalou o concelleiro style="font-weight: 400;">de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. style="font-weight: 400;"> style="font-weight: 400;">Será unha gala internacional trepidante na que se poderán ver especialidades moi style="font-weight: 400;">diferentes da man dalgúns dos ilusionistas máis prestixiosos do mundo. Galicia Magic Fest style="font-weight: 400;">está organizado polo reputado ilusionista galego Pedro Volta, que participará no style="font-weight: 400;">espectáculo xunto con Hakan Berg (Suecia), Trigg Watson (Estados Unidos), Lea Kyle style="font-weight: 400;">(Francia), Anca e Luca (Austria e Hungría) e Hun Lee (Corea do Sur). style="font-weight: 400;"> style="font-weight: 400;">As entradas para todas as sesións atópanse á venda a través de style="font-weight: 400;">Ataquilla style="font-weight: 400;">e no despacho style="font-weight: 400;">de billetes da praza de Ourense. Tamén será posible adquirilas o mesmo día do style="font-weight: 400;">espectáculo, sempre que haxa dispoñibilidade. A Coruña volve ser unha das cidades onde style="font-weight: 400;">se celebra este festival de maxia e na que máis sesións se celebran, xa que nas anteriores style="font-weight: 400;">ocasións houbo unha gran resposta do público. style="font-weight: 400;"> style="font-weight: 400;">O renovado elenco de ilusionistas e magos conta con numerosos premios de prestixio style="font-weight: 400;">mundial e participacións nos concursos máis importantes de talento como Got Talent, nas style="font-weight: 400;">edicións norteamericana e sueca. Trátase dun espectáculo familiar moi consolidado en style="font-weight: 400;">Galicia e o número de sesións que levan a cabo convérteo nun dos máis importantes de style="font-weight: 400;">España de ilusionismo. style="font-weight: 400;">