El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Conciertos

Concierto de Cheny Wa Gune + A Pedreira - Maré Festival 2026 en Santiago de Compostela - 27/9/2026

Zona: Santiago
Inicio:Domingo, 27 de septiembre · 19:30
Final:Domingo, 27 de septiembre · 21:30
Precio:Desde 15 €
Lugar:Sala Capitol - Santiago

Concierto de Cheny Wa Gune + A Pedreira - Maré Festival 2026 en Sala Capitol - Santiago

  • Que pasa cando as vidas creativas se atopan e a tradición galega e os ritmos de Mozambique se fusionan? Nace un directo forte, telúrico e profundamente vivo.
  • Cheny Wa Gune e A Pedreira recollen o temón dunha histórica viaxe transoceánica iniciada polo mestre Narf, facendo da memoria non un lugar de chegada, senón unha semente para continuar creando.
  • Nesta nova travesía, Cheny Wa Gune chega acompañado por Altenor Massangai e Kelvin Massangai uníndose á banda da Pedreira con Alejandro Vargas, Mauricio Caruso e Lorena Cachito, nunha formación que volve tender pontes musicais entre Galicia e Mozambique.
  • De Zemambiquo a Zigala nace desa memoria colectiva e transforma a pel.
  • Como o veleno que pode converterse en antídoto, a música transmuta a herdanza en forza, coraxe e identidade propia.
  • Desde as sementes daquela primeira aventura musical ata o presente, o legado continúa navegando, agora desde outra perspectiva, con novos elementos, novas composicións e unha linguaxe renovada, mais conservando viva a raíz que fixo posible aquel encontro.
  • As creacións de A Pedreira e Cheny Wa Gune, alimentadas polas súas respectivas tradicións e universos contemporáneos, converxen revelando profundas afinidades rítmicas, melódicas e emocionais.
  • Máis que unha homenaxe, é continuidade, transformación e renacemento.
  • Un espectáculo salvaxe, enérxico e celebratorio que pecha Maré 2026, onde Galicia e Mozambique volven encontrarse nun mesmo pulso e onde a paixón, a memoria, a liberdade creativa e a danza libre convertense en tesouros.
Útil