Concierto de Arapucagongon - Maré Festival 2026 en Santiago de Compostela - 24/9/2026
| Zona: | Santiago |
| Inicio: | Jueves, 24 de septiembre · 23:00 |
| Final: | Jueves, 24 de septiembre · 23:59 |
| Precio: | Desde 10 € |
| Lugar: | Sala Riquela - Santiago |

Concierto de Arapucagongon - Maré Festival 2026 en Sala Riquela - Santiago
- O neoloxismo Arapucagongon é a suma de “Arapuca”, trampa en brasileño, e “Gongon”, unha pantasma e tamén o nome dun paxaro en Cabo Verde.
- Baixo esta metáfora nace o dúo formado por John Douglas e Henrique Silva, músicos ubicados en Lisboa, onde estableceron a súa base musical para afondar nos lazos entre o latexo da samba carioca e o ADN musical da lusofonía co latexo africano que caracteriza ás melodías e ritmos de Cabo Verde.
- A partir desta mestura, a brebaxe resultante estende os brazos ao rap e tamén á psicodelia electrónica retrofuturista típica dos anos sesenta.
- A fórmula final deriva nun caleidoscopio de excitante incerteza e atmosferas de batuque polirrítmica que flúen a través dun festival sonoro arraigado na saudade procedente da melancolía tipicamente brasileira.
- Agardamos por vós o vindeiro xoves 24 de setembro na Sala Riquela.
Información del lugar
| Lugar: | Sala Riquela - Santiago |
| Dirección: | Rúa do Preguntoiro, 35 |
| Código postal: | 15704 |
| Localidad: | Santiago de Compostela (A Coruña) |



