El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Conciertos

Concerto de Marta Casas - Festival Galiza canta lírico en A Coruña - 11/5/2025

Zona: A Coruña
Inicio:Domingo, 11 de mayo · 19:30
Final:Domingo, 11 de mayo · 20:10
Precio:Gratis €
Lugar:Centro Ágora de A Coruña
class="dtEvento dtEvento"> class="organizador"> class="organizador">
  • Este concerto, a menos dunha semana da celebración da Letras Galegas, ten como obxectivo mostrar o contraste entre a vertente popular e a académica ou "culta", cunha temática baseada nos cinco eixos que caracterizan a cultura, a historia e a idiosincrasia galegas: o mar; a relixión, a morte e o máis alá; o traballo no campo; o campo, a feira e as festas; a emigración.
  • Marta Casas (soprano e concertista de castañolas): obtén a carreira de canto na Escola Superior de Canto de Madrid e é máster en Interpretación e Investigación Musical pola Universidade Rei Juan Carlos de Madrid. Recibe aulas, entre outros, de Fernando Balboa, Josep Carreras, Mirella Freni, Mariella Devia, Manuel Burgueras, Tony Manoli, Ana María Sánchez, María Bayo... Nivel avanzado de castañolas de concerto polo CID- UNESCO, presentouse en diversos escenarios, destacando o Carnegie Hall de Nova Iorque no 2023 e no 2024.
  • Álex Ruiz (gaiteiro): comenzou os seus primeiros pasos no nundo da gaita na A. F. Os Gaiteriños, no coruñés barrio da Gaiteira e hoxe é un dos gaiteiros do laureado coro Cántigas da Terra. Participaron na súa formación grandísimos mestres como Leonardo Corral, Xosé Casal ou Ricardo Santos.
  • Kúmbal Trad: grupo nado en 2013. Impulsado por Polo Pérez, está dedicado especialmente ao repertorio de música de bailes tradicionais e ao do repertorio de danzas do mundo (Macedonia, Turquía, Armenia, Bulgaria, Israel, Francia, Romanía, Grecia, Rusia, ...). Actuou por toda a xeografía galega, máis tamén en Portugal, Cataluña, Valladolid (na praza da Catedral ou na Cúpula do Milenio, entre outras) ou Toledo, lugares aos que acude con regularidade. Formado por: Polo Pérez (acordeón), Pepe Ríos (guitarra e voz), Jorge García (clarinete), Adolfo Alemany (contrabaixo e viola da gamba) e Moisés Gestal (violín e arranxos).

PROGRAMA

  1. O rei tiña unha filla (Cabanillas/ Ataúlfo Argenta)
  2. As froliñas dos toxos (Noriega Varela/ Eduardo Toldrá)
  3. Tódol-os dias (Cabanillas/ Jesús Guridi)
  4. Aureana do Sil (Cabanillas/ Federico Mompou)
  5. Coita, de "Cuatro canciones sobre textos gallegos" (Álvaro de las Casas/ Antón García Abril)
  6. ¡Un home, San Antonio! (Rosalía de Castro/ Joaquín Rodrigo)
  7. O gueiteiro (Curros Enríquez/ Miguel Asins Arbó)
*Cancións á (agás a número 5) do álbum dedicado a Fernández-Cid. Adaptacións: Andrés Pérez e Moisés Gestal
  1. Muiñeira de Chantada (Avelino Cachafeiro)
  2. Muiñeira de Lugo (tradicional) Partitura de castañolas: Marta Casas
  3. Intermedio de La leyenda del beso (Reveriano Soutullo e Juan Vert). Partitura de castañolas: Emma Maleras
  4. Lela (Castelao/Rosendo Mato). Adaptación: Moisés Gestal
  5. Unha noite na eira do trigo (Curros Enríquez/ Castro Chané). Adaptación: Moisés Gestal
  6. ven o maio (Curros Enríquez/ Luís Emilio Batallán). Adaptación: Moisés Gestal
  7. Negra sombra (Rosalía de Castro/ Xoán Montes). Adaptación: Moisés Gestal
  8. Quen poidera namorala (Cunqueiro/ Luís Emilio Batallán)
Útil