Charla 'Outras historias do cinema: O cinema antes do cinema' de Martin Pawley en Agrupación Cultural Alexandre Bóveda - A Coruña
O xoves 11 de setembro, ás 19.30 h, comezamos un novo curso do ciclo “Outras historias do cinema”.Martin Pawley falaranos do cinema antes do cinema.
Dende a antigüidade o ser humano intentou crear a ilusión de movemento, como se comproba na arte rupestre.
En época máis recente, a diversión das imaxes animadas conseguíase mediante toda sorte de xogos ópticos, tanto de uso individual como colectivo.
Após a invención da fotografía, o soño de captar a realidade en movemento foi un desafío para as mentes creativas.
Nesta sesión repasaremos o período anterior á invención do cinematógrafo dos irmáns Lumière para redescubrir que xa houbo escenas animadas antes de 1895.
Martin Pawley é produtor, crítico e programador de cinema.