El Español
Treintayseis
AGENDA
|
Charlas y Conferencias

Charla 'Encontro no fin do mundo' a cargo de Aurora Irene Paz Viruet en A Coruña - 2/3/2026

Zona: A Coruña
Inicio:Lunes, 2 de marzo · 19:00
Final:Lunes, 2 de marzo · 20:00
Precio:Gratis €
Lugar:Biblioteca del Fórum Metropolitano - A Coruña

Charla 'Encontro no fin do mundo' a cargo de Aurora Irene Paz Viruet en Biblioteca del Fórum Metropolitano - A Coruña

  • O luns 2 de marzo ás 19 h., na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos a unha charla a cargo de Aurora Irene Paz Viruet, baixo o título "Encontros no fin do mundo: os navegantes do mediterráneo e a cultura "castrexa" na ruta atlántica do estaño"
  • Unha das máis fascinantes culturas da Idade do Ferro mediterránea é a fenicia-púnica: eses navegantes, comerciantes, exploradores na busca de novas rutas e aventureiros dos mares...
  • A súa valentía á hora de lanzarse ao descoñecido quedou reflectida en varios periplos, un deles sobre un tal Hilmicón que buscaba as míticas "Illas Cassitérides" ou Illas do Estaño polo Atlántico norte.
  • Autores clásicos como Estrabón, Avieno ou Plinio o Vello mencionaban a existencia deste lugar, unha ruta alternativa polo Oeste cara o escaso estaño, preciado metal necesario para a metalurxia do bronce.
  • Pero, qué había de verdade nelo?, e, ónde poderían atoparse aquelas míticas Cassitérides? Cal podería ter sido aquel portus magnus artabrorum do que tamén falaban as fontes clásicas...?
  • Xa hai algunhas centurias que investigadores como José Cornide preguntábanse o mesmo.
  • E, finalmente, a Arqueoloxía moderna puido probar a presenza dos antigos pobos mediterráneos do sur peninsular no noroeste xa dende finais da Idade do Bronce, séculos antes da conquista romana.
  • Nesta charla abordaremos as características culturais dos pobos fenicio-púnicos e a súa materialidade achada nos castros da nosa terra ata o momento (doas de colar, cerámicas "de prestixio" procedentes de Cádiz ou Ibiza...), nomeadamente no mundo ártabro do Castro de Elviña (A Coruña), e cómo estas dúas civilizacións e formas de entender o mundo se atoparon no I milenio a.C., unindo o Atlántico e o Mediterráneo, e desenvolvendo un proveitoso intercambio cultural cuias repercusións estamos empezando a comprender.
  • Acceso libre até completar capacidade.

Información del lugar

Lugar:Biblioteca del Fórum Metropolitano - A Coruña
Dirección:Rúa Río de Monelos, 1
Código postal:15006
Localidad:A Coruña (A Coruña)
Útil