Charla de Béni Ndayisaba - 'Da historia dos meus pais á miña: unha viaxe ruandesa' en A Coruña - 14/1/2026
| Zona: | A Coruña |
| Inicio: | Miércoles, 14 de enero · 19:30 |
| Final: | Miércoles, 14 de enero · 21:30 |
| Lugar: | Agrupación Cultural Alexandre Bóveda - A Coruña |

Charla de Béni Ndayisaba - 'Da historia dos meus pais á miña: unha viaxe ruandesa' en Agrupación Cultural Alexandre Bóveda - A Coruña
- O mércores 14 de xaneiro, ás 19.30 h, achegarémonos á historia recente de Ruanda coa charla “Da historia dos meus pais á miña: unha viaxe ruandesa”.
- A sesión estará marcada polo percorrido dende o xenocidio de 1994 ata a laboriosa reconciliación nacional actual.
- A través da historia da súa propia familia, Béni Ndayisaba dará conta da memoria daqueles meses traumáticos, os xuízos posteriores e a difícil volta á normalidade nun país que nos últimos vinte anos experimentou un crecemento económico sostido e grande.
- Béni Ndayisaba é un estudante de 24 anos de economía internacional que chegou á Coruña no marco dun intercambio universitario.
- Naceu en Gikondo, Ruanda, mais criouse en París dende moi pequeno canda os seus pais e irmáns.
Información del lugar
| Lugar: | Agrupación Cultural Alexandre Bóveda - A Coruña |
| Dirección: | Olmos, 18 |
| Código postal: | 15003 |
| Localidad: | A Coruña (A Coruña) |

