XXV Aniversario Orquesta Folk de Galicia SonDeSeu en Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
Ao longo de 25 anos, a Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu contribuíu de forma decisiva á dignificación e proxección internacional da música tradicional galega, levándoa a escenarios de toda Europa.
Para conmemorar o seu XXV aniversario, SonDeSeu prepara un concerto extraordinario: un encontro que reunirá sobre un mesmo escenario á orquestra e a catro figuras imprescindibles da música galega actual: Abraham Cupeiro, Tanxugueiras, Xabier Díaz e Rodrigo Romaní.