El Español
Quincemil
AGENDA
|
Exposiciones

Colección de Pintura Europea en Vigo

Zona: Vigo
Inicio:Viernes, 1 de enero · 10:00
Final:Martes, 31 de diciembre · 23:59
Precio:Gratuito
Lugar:Museo Municipal Quiñones de León - Vigo

Colección de Pintura Europea en Museo Municipal Quiñones de León - Vigo

Colección de Pintura Europea en Vigo. O Museo Municipal "Quiñones de León" é unha institución singular en Galicia. A súa sede principal, o Pazo de Castrelos, é unha mostra senlleira da arquitectura nobiliaria galega. Posúe unha valiosa colección artística, arqueolóxica e histórica, coidados xardíns no exterior e un amplo parque ao seu redor. Todo o conxunto, pazo, coleccións, xardíns e parque están catalogados como Ben de Interese Cultural. A colección de Pintura Europea posúe un total de 128 obras de arte coas que se percorren as máis importantes escolas pictóricas europeas dos séculos XVI a XIX: italiana, holandesa, flamenga, francesa, alemá, española ou inglesa. A variedade temática inclúe todos os xéneros: paisaxe, retrato ou bodegón, entre outros. Os cadros desta colección proceden na súa meirande parte do legado de Policarpo Sanz e de depósitos realizados, pouco antes de se iniciar a Guerra Civil, polo Museo do Prado e o antigo Museo Nacional de Arte Moderno, actualmente o Reina Sofía.

Información del lugar

Lugar:Museo Municipal Quiñones de León - Vigo
Dirección:Castrelos
Código postal:36213
Localidad:Vigo (Pontevedra)
Útil