El Español
AGENDA
|
Gastronomía, Fiestas, Ferias y Mercados

Romería Vikinga 2022 de Catoira

Zona: Barbanza · O Salnés
Inicio:1/8/2022 · 00:00
Final:7/8/2022 · 00:00
Precio:Gratuito
Lugar:Alameda do Peirao - Catoira

Romería Vikinga 2022 de Catoira

A Romaría Vikinga celébrase na primeira semana de agosto. O desembarco nas Torres de Oeste, que se dramatiza o domingo pola mañá, é, sen dúbida, un dos puntos fortes da festa. Iniciouse no ano 1968 e nel empregábase un barco areeiro “disfrazado” de drakkar viquingo. Co fin de dotar a esta actividade dunha maior espectacularidade, o Concello de Catoira decidiu construír un drakkar auténtico. Os contactos mantidos coa cidade de Frederikssund permitiron acceder ós planos dun auténtico drakkar, atopado nun fiorde de Roskilde (Dinamarca) e conservado no Museo de Barcos Vikingos da mesma localidade.

Catoira construíu na Escola Taller do municipio o primeiro barco que se convertería no protagonista indiscutible da Romaría Vikinga desde 1994. O drakkar “Torres de Oeste” é unha réplica do Skuldelev 5, unha pequena embarcación de guerra de finais do século XI, que ten 17,5 metros de eslora e 2,5 metros de manga, con capacidade para 13 pares de remos e 6 toneladas de carga, incluída unha tripulación de 30 persoas. O barco alcanza unha velocidade máxima de 15 nós.


PROGRAMA 2022


En 2008 incorpórase un novo drakkar, bautizado “Frederikssund”. O Concello de Catoira construíu a nova nave co fin de dar resposta á crecente demanda das persoas que cada ano desexan participar no asalto á fortaleza, ó tempo que se dá maior espectacularidade ó evento. O novo barco leva o nome do pobo danés co que Catoira mantén unha irmandade desde 1997. O “Frederikssund” mestura elementos construtivos baseados no Gokstad –atopado nun túmulo funerario en Noruega- e deseños decorativos inspirados na nave Oseberg. O resultado é un barco viquingo con personalidade propia de 20 metros de eslora e 2,9 de manga.

O ataque dos viquingos ó recinto das Torres de Oeste compleméntase coa dramatización da resistencia en terra. Nesta actividade participan unhas 200 persoas. A celebración complétase coa organización dun mercado medieval ambientado na época, desfiles, actuacións de grupos folclóricos, degustación de mexillóns e viño da terra, verbenas populares, competicións deportivas, etc.

O programa da Romaría Vikinga inclúe unha ampla programación cultural que se desenvolve durante a semana previa ao desembarco, e que conta con concertos, exposicións, presentacións de libros, charlas e competicións deportivas.

Información del lugar

Lugar:Alameda do Peirao - Catoira
Dirección:Alameda do Peirao
Código postal:36612
Localidad:Catoira (Pontevedra)
Útil