Xoán Mao, xerente do Eixo Atlántico, no seu despacho.

Xoán Mao, xerente do Eixo Atlántico, no seu despacho. Cedida

Economía

Xoán Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico: "Portugal continúa na senda da inestabilidade"

Dende a asociación que fomenta a cooperación entre Galicia e o norte de Portugal celebran, por outro lado, que os concellos que forman parte desta entidade continúen en mans do PSD, do Partido Socialista e afastados dos partidos de extremos

Tamén che podería interesar: AVE Vigo-Oporto: el Gobierno anuncia un nuevo paso en la conexión de alta velocidad con Portugal

Publicada
Actualizada

O PSD -equivalente ao Partido Popular en España- vén de gañar os comicios locais en Portugal. Tamén de facerse coa cidade máis importante do país luso, Lisboa, onde Carlos Moedas seguirá mantendo o control da cámara.

Doutra banda, a ultradereita non seguiu co seu avance e tivo que contentarse con ser a terceira forza política, mentres que os socialistas foron a segunda opción para o electorado portugués.

Un día despois, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Mao, fixo balance destes resultados achegando unha doble visión: Na súa opinión propia, Portugal queda sumido na inestabilidade debido á fragmentación existente na representación nas cámaras. No tocante ao funcionamento do Eixo, onde están representados unha vintena de municipios do norte de Portugal, todo continuará sen cambios.

Así, os integrantes desta asociación para a cooperación transfronteiriza seguirán a monitorizar a conexión ferroviaria entre A Coruña e Lisboa, entre outros moitos proxectos.

Que opinión ten dos resultados dos comicios municipais en Portugal?

Na miña opinión persoal, Portugal continúa na senda da inestabilidade que comezou coa dimisión de Antonio Costa. En Portugal o sistema político non é coma en España: Alí goberna o alcalde máis votado aínda que a diferenza sexa dun voto. Se embargo, os concelleiros si que se elixen coma en España, entón, nestas eleccións o que pasou é que se perderon moitas maiorías absolutas e os rexedores terán unha moi dificil gobernabilidade.

Considera que hai algunha conclusión positiva?

Si, a segunda conclusión que fago é moi positiva. É que a extrema dereita non conseguiu consolidar o seu ascenso. Podemos dicir que pinchou. Soamente conseguiu tres municipios en todo o país e non son dos máis importantes. É verdade que acadaron representación nas cámaras dalgunhas das nosas localidades, pero non se corresponden estes resultados co que auguraban as sondaxes.

Afectarán os resultados dos comicios nalgún punto no que ten que ver co Eixo Atlántico?

Non vai a cambiar nada. Todos os nosos concellos continúan a repartirse entre o PSD, que é o equivalente do PP, e o Partido Socialista. Non son partidos que choquen coa filosofía do Eixo, polo que non nos afecta.

Cales son os piares fundamentais e filosofía do Eixo?

Lóxicamente, hay unha filosofía europea, entón, se ti non cres no proxecto europeo difícilmente poderás crer no que representa o Eixo. Non é o proxecto que poderían facer políticos de extrema dereita ou comunistas. Nós cremos na Europa das cidades, sen fronteiras, da cooperación e solidaria. Partidos que se basean en atacar a emigración, por exemplo, non van con nós. Tampouco queremos empresas que especulen ou destrocen o noso patrimonio, e non defendemos o turismo masivo.

A celebración de eleccións en Portugal pode modificar o estado dos proxectos do Eixo?

Non. A asemblea xeral é a que aproba os proxectos do Eixo. As decisións políticas baséanse moito nos técnicos municipais, aos que realmente non lles afectan as eleccións. Poderían afectar se, no periodo preelectoral, tivéramos que tomar decisións. Nós as eleccións no Eixo as levamos a cabo cada dous anos en Galicia e cada dous anos, en Portugal.

En que proxectos importantes estades centrando os esforzos nestes momentos?

Poderiamos resumilo nun punto moi importante que é seguir monitorizando a cuestión das infraestruturas. Celebramos, de feito, que onte se deu un novo paso para a conexión entre Lisboa e A Coruña -refírese á adxudicación, por 835.384 euros, dos estudos do Eixo Atlántico entre O Porriño e Portugal-, pero estamos pendentes e nos preocupa que se desbloqueen todos os tramos. Nós falamos sempre da conexión A Coruña - Lisboa, aínda que tamén nos gustaría falar da conexión Ferrol-Lisboa, pero Ferrol sempre foi a grande esquecida de todos os gobernos. Ademáis das infraestruturas, seguimos volcados no eido cultural, nos xogos do Eixo, e faremos un plan de vivenda, que é unha problemática que afecta moito á xente e que non se sabe aínda de que xeito afrontar.