El Español
Treintayseis
Opinión
|
Tribuna Abierta

Galicia consolídase en Fitur

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, fai un balance da presenza da comunidade na feira internacional de turismo, onde se realizaron 54 presentacións nas que se puxeron en valor os recursos, produtos e iniciativas de calidade que ofrece esta terra aos visitantes
Nava Castro
Por Nava Castro
Acantilados de Loiba, en Ortigueira (A Coruña).
Acantilados de Loiba, en Ortigueira (A Coruña).

Gracias a participación de Galicia nesta nova edición de Fitur, a número 43, a nosa comunidade consolidouse como un dos maiores referentes do sector turístico español. A través do noso stand, amosamos que o destino Galicia está á vangarda do que actualmente esta a ser demandado. Amosamos a nosa comunidade como un exemplo de destino sostible, de calidade e con iniciativas turísticas de recoñecemento internacional, como ben amosa o outorgamento do premio Excelencias aos Concertos do Xacobeo e o premio da Feira de "Stand Sostible".

Así, nesta edición da Feira Internacional de Turismo levamos a cabo 54 presentacións mediante as cales demos a coñecer os recursos, produtos e novidades nos que traballamos tanto dende a administración autonómica como dende os concellos, deputacións e xeodestinos, visibilizando a través delas o mellor da nosa terra. Visibilizando a beleza e os recursos de Galicia.

Especial relevancia tivo, durante os cinco días de duración da feira, a calidade enogastronómica coa que contamos na nosa comunidade. Esta expúxose a través da presentación das iniciativas levadas a cabo dentro do Plan Territorial de Sustentabilidade Turística de Enogastronomía de Galicia, que se desenvolverán no horizonte 2023-2025 para promocionar Galicia como destino enogastronómico de primeiro nivel.

Como directora de Turismo de Galicia síntome enormemente satisfeita dos resultados acadados durante a celebración de Fitur. Satisfeita de ter a capacidade de mostrar todo aquelo que tanto orgullo nos achega aos galegos. Orgullosa de, un ano máis, mostrar Galicia como un destino inigualable.

Nava Castro
Nava Castro
LinkedIn
Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidad Complutense de Madrid, conta con diversos Máster en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos. Desde 2013 é a directora da Axencia de Turismo de Galicia e na súa longa traxectoria política ocupou diferentes cargos. Entre xullo e decembro de 1998 foi deputada no Parlamento de Galicia, foi concelleira de Servizos Sociais do Concello de Ponteareas desde 1999 ata o ano 2000 e desde 2000 a 2003 ocupou a Alcaldía deste municipio pontevedrés. Desde 2003 foi concelleira de Servizos Sociais e tenente de alcalde no mesmo Concello, onde en 2007 asumiu ademais a consellería de Economía e Facenda. Entre marzo de 2008 e maio de 2009 foi deputada no Congreso dos Deputados. En maio de 2009 foi nomeada directora xeral de Comercio, cargo que ocupou ata setembro de 2012.