El Español
Quincemil
AGENDA
|
Exposiciones

Exposición en Vigo: ¿Qué é a pesca?

Zona: Vigo
Inicio:Viernes, 1 de enero · 10:00
Final:Martes, 31 de diciembre · 23:59
Precio:Gratuito
Lugar:Museo do Mar - Vigo

Exposición en Museo do Mar - Vigo

Exposición en Vigo: ¿Qué é a pesca? Ao longo da historia, o home desenvolveu unha serie de técnicas para capturar peixes ou outros animais que viven na auga, dende a extracción a man ata o emprego de anzois, redes, trampas, arpóns ou velenos. A pesca é unha actividade dirixida á captura de peixes; cando se exerce sobre crustáceos ou moluscos denomínase marisqueo. Ao longo da historia, o home desenvolveu unha serie de técnicas para capturar peixes ou outros animais que viven na auga, dende a extracción a man ata o emprego de anzois, redes, trampas, arpóns ou velenos. Chámanse artes os medios que se usan para a captura. Con frecuencia o home tamén se valeu doutros elementos que teñen unha función indirecta na captura, como embarcacións, motores, cabrestantes, etc. O claro carácter perecedoiro do peixe fixo que o home buscase métodos de conservación co obxectivo de eliminar ou inhibir o crecemento de microorganismos. Así, desenvolvéronse técnicas como o secado, a salga, o afumado ou o escabeche que permitiron adiar o seu consumo. Polas posibilidades que ofrecía de ser conservado, almacenado e transportado, moitas comunidades de beiramar deixaron de ver o peixe como un producto para autoconsumo e comezaron a consideralo como obxecto de comercio. Daquela xurdiron pescarías cunha clara finalidade comercial, como a do bacallau de Terranova, capturado para ser salgado ou secado; a do arenque do Báltico, destinado a ser afumado; ou a da sardiña galega, pescada para ser primeiro salgada e, en tempos máis achegados, enlatada. Nos derradeiros séculos, as melloras nos transportes e o frío artificial permitiron a ampliación dos mercados de peixe fresco. Os inicios Iníciase coa romanización a explotación industrial do mar, que anteriormente fora unha actividade depredadora. As artes de pesca fanse mellores e máis grandes e instálanse factorías en terra, as villae, onde se levan a cabo os procesos de salgadura. Durante a Idade Media cambia notablemente a conxuntura para favorecer esta industria coa implantación das coresmas, o aumento da seguridade marítima e o acceso ao sal procedente de Portugal, o que fai posible a súa exportación a mercados mediterráneos. A mellora nas artes de pesca, especialmente o emprego de cercos reais usada polos gremios de mareantes dende o século XII, fai aumentar a captura de sardiña, propiciando o acceso de distintos tipos de inversores ao negocio pesqueiro, e facendo que participen activamente nel os pescadores das localidades costeiras, os comerciantes e os poderes señoriais. Así é como nacen os gremios e confrarías da mar; son estas corporacións as que organizan tanto social como profesionalmente a actividade pesqueira e a vida nas vilas costeiras galegas mediante unha ampla lexislación contida nas ordenanzas e disposicións gremiais. As ganancias obtidas coa pesca eran tan xenerosas que unha parte ía para a Igrexa, outra para as viúvas, e incluso unha parte aos confrades feridos en accidente laboral. Grazas a estas contribucións, foron moitas as igrexas que se erixiron no litoral galego; un exemplo foi a igrexa de Santa María a Maior de Pontevedra, coñecida como a Moureira, de igual nome que o barrio de pescadores desa vila, fundada polo gremio de mareantes do Corpo Santo.

Información del lugar

Lugar:Museo do Mar - Vigo
Dirección:Av. da Atlántida, 160
Código postal:36208
Localidad:Vigo (Pontevedra)
Teléfono:986247750
Página web:Web oficial Museo do Mar - Vigo
Útil