El Español
Treintayseis
Vivir
|
GastroGalicia

Pontejos: uno de los templos de la tortilla en A Coruña y un imán para los turistas

Su cocina abierta y su amplia cristalera permiten ver como Javier prepara más de treinta tortillas al día. Os contamos sus orígenes, el secreto de su receta, las madrugadas de Punto 3 o la historia de Lolita, su querida lavandeira
Javier y Loli, del Pontejos.
Picado
Javier y Loli, del Pontejos.
Ofrecido por:

En A Coruña hay tortillas que son obras de arte. Es muy difícil decir a ciencia cierta cual es la mejor. Pero la del Pontejos es amor a primera vista. Lo corroboran muchas de las personas, sobre todo turistas, que han pasado en algún momento por la calle Marqués de Pontejos y han visto a Javier Otero preparando una de sus delicatesen tras el cristal.

Junto a Loli Castiñeira, hija de los anteriores dueños, regenta desde hace casi veinte años este bar. La fama de su tortilla no ha dejado de crecer desde que cogieron las riendas, pero no se quedan atrás otros platos de cocina tradicional, como sus callos o su ensaladilla.

A lo largo de todos los años que lleva abierto, su público ha ido cambiando. Siempre fue un local muy vinculado a la plaza de San Agustín, de donde proceden todos sus productos. Javier nos cuenta la historia de este emblemático local y los secretos de su famosa tortilla.

El rey de las tortillas

¿Desde que hora fas tortillas?

Desde as 8.30 ata as 16.00, máis ou menos. Cando a xente empeza a parar máis nas terrazas tamén as fago ás sete, oito e nove da noite. Polas mañás fago unha media de 20 ou 30 tortillas. Cambiou tamén a clientela. Antes tiñamos máis xente maior e agora hai unha alta porcentaxe de xente nova. Toman as tapas e as cañas a gusto aquí.

¿Que ten esta receta que a fai tan especial?

Desde sempre son un tolo das tortillas, sobre todo da que facía miña nai. Quixen facela como a súa. Penso que aínda me queda para chegar, pero estamos preto. A nosa tortilla é como todas, leva ovos, patacas e sal. Despois está a man de cada un. Hai que facela con calma e agarimo. 

¿Tiñas experiencia?

Nunca fun cociñeiro, pero na miña casa cociñamos todos. Cociña caseira. Guisos, tortillas... Se me pides unha cousa moi rara non a sei facer. Unha das claves pode ser que aquí usamos todos produtos frescos e do día. Temos o mercado aquí, así que non usamos nada conxelado. Todo é de gran calidade. 

"Unha das claves pode ser que aquí usamos todos produtos frescos e do día. Temos o mercado aquí, así que non usamos nada conxelado"

Javier Otero

¿Paran moitos turistas a sacar fotos de como fas a tortilla?

Un lote. Eu creo que se viaxamos polo mundo habémonos atopar fotos nosas en moitos sitios. Acostumaste ao final. Xa poño a pose boa, dándolle a volta. Ter a cociña descuberta chama moito a atención e a xente tamén ve o que fas e como o fas. Tes que andar con moito xeito. 

¿O boom da tortilla empezou coa túa chegada?

Si. Notámolo moitísimo. Hai momentos que non paras. Antes pelabamos e cortabamos nós mesmos a pataca. Pero chegou un momento que era imposible, así que temos que comprala aquí na praza, nun posto que ten unha máquina industrial que tamén as pica. Afórranos moito traballo. 

¿Cantos quilos usades ao día?

Cincuenta quilos de pataca, máis ou menos. Ovos é aínda máis esaxerado. Botolle 16 a cada tortilla. Son dous quilos de pataca e 16 ovos. Ademais, facemos tortillas para catro ou cinco locales da zona.

¿Cal foi o record?

Hai uns anos houbo un evento de hostalería no Parrote. Fomos a facer tortillas venres, sábado e domingo ata as catro. Tiñamos unha caseta e fixen 210 tortilla neses dous días e pico. Tiñamos colas e colas. Fora unha pasada

A túa tortilla gusta tamén moito aos paxaros, polo que se conta.

Si, á miña Loliña (conta triste). Era unha lavanderia que empezou a vir aquí todos os días. Era un paxaro moi desconfiado ao principio. Empecei botándolle un pouco de tortilla na rúa para que comera. Pouco a pouco, foi collendo confianza. Se eu non saía coa tortilla, piaba. Ao final xa entraba dentro coma na súa casa e pousaba na barra. 

'Lola', a lavandeira, nas tarxetas do Pontejos.

Era un cliente máis.

E cando tivo crías, aquelo foi incrible. Viña quince ou vinte veces nunha mañá a por tortillas para as crías.

¿Canto tempo foi cliente?

Uns cinco ou seis anos. Viña coas crías e elas quedaban nunha mesa. Tiñalle moito cariño. Ata para morrer veu aquí. Atopeina unha tarde fóra e non podía comer nin subir ao bar. Debeu tragar algo malo. Ao rato morreu. Todos os clientes queríamos moito a Lola. 

¿Que outros platos son demandados ademais da tortilla?

Os callos e a ensaladilla van ben neste tempo. Empanadillas e albóndigas tamén. Hai moita xente nova que come cun par de tapas e esas son as máis pedidas. Tamén fago menús do día variados, pero esas catro están fixas no bar. 

"Recordo cando estaba aberta a discoteca Punto 3. Estabamos aquí nós día e noite. Ás seis da mañá tiñamos feitas 40 tortillas para bocadillos"

Javier Otero

¿Algunha anécdota que recordes especialmente?

Recordo cando estaba aberta a discoteca Punto 3. Estabamos aquí nós día e noite. Ás seis da mañá tiñamos feitas 40 tortillas para bocadillos. Saían coma churros. O 90% eran de tortilla. Foron anos de moito traballo. Era curioso porque aquí se xuntaban as praceiras no almorzo e os rapaces que saían da discoteca.

¿Cal é a outra tortilla da Coruña que máis che gusta?

Hai moito tempo que non como tortilla noutros sitios. Non porque non quera, pero traballo todo o día. Ao final, non teño tempo. 

¿Hai Pontejos para rato?

Esperemos. Este ano foi complicado, pero desde que puidemos abrir, tivemos moita xente. Estamos moi agradecidos por ter traballo. ¿O futuro? Teño 58 anos e non me vexo de xubilado. Uns quince aniños seguiremos.

Vivir