El Español
Treintayseis
Vivir
|
Música

Ortiga llega este viernes a A Coruña: "Pararei no momento en que o pase mal facendo música"

El artista compostelano presenta este viernes en el festival Porto Maresía del Palexco los temas de su nuevo disco 'Sabes el camino que elegí', una cita que promete ser una fiesta a ritmo de cumbia y merengue
Ortiga.
Porto Maresía
Ortiga.
Ofrecido por:

Manuel González es un santiagués de 26 años del barrio de Fontiñas que se dedica por entero a la música desde hace cinco. Su proyecto musical en solitario en el que se le conoce como Ortiga ha dado con una fórmula del éxito que le ha llevado a sacar su segundo disco este 2021: 'Sabes el camino que elegí'. En los temas (en la gran mayoría cuenta con colaboraciones de amigos), habla fundamentalmente de diferentes situaciones vitales y sus melodías evocan composiciones que se acercan a estilos diversos como la bossa nova, el merengue, la salsa y hasta toques de flamenco.

Este viernes a las 21:00 horas tiene la misión de revolucionar el Palexco de A Coruña dentro del festival Porto Maresía, llevando a cabo una de sus populares actuaciones en los que fusiona al escenario y el público en una auténtica fiesta en la que no caben apenas segundos de silencio y de pausa. De cara a 2022 se plantea seguir con bolos "para recuperar el tiempo perdido por la pandemia" y reconoce que tiene material de sobra para un tercer disco, siempre teniendo presente que su colaboración soñada sería con Juan Magán, al que admira por "contar sus temas por hits".

https://www.instagram.com/p/CTc3plfDQUi/?utm_source=ig_web_copy_link

'Sabes el camino que elegí' é o teu novo traballo. Cres que foi o camiño correcto para repetir o éxito do primeiro disco 'Chicho y sus Chichas'? A qué se debe o título?

O título débese a unha pintada que hai en Ourense diante dun sitio que encántame, que é El Pueblo Café Cultural, seguramente a sala na que máis toquei na miña vida. Ademais, 'El camino que elegí' ten unha conexión co primeiro disco porque así o quixen pero non co ánimo de repetir fórmula porque na música o que mola é pasalo guai día a día.

Cales son as mensaxes do segundo disco e qué situacións inspiráronte?

A música tómoa coma un diario e fago cancións de movidas que me van pasando, tampouco teño unha pretensión concreta, fago temas e ríome, nada máis.

https://www.instagram.com/p/CTUjDixsGDg/?utm_source=ig_web_copy_link

Colaboraron moitos amigos neste disco, sobre todo o guitarrista Joao ou Cibrán de Boyanka Kostova nas letras, nun traballo con diversos estilos. Cómo lograches fusionar tódolos estilos nun mesmo traballo? Cita os temas coas colaboracións máis especiais

É o que ten rodearse de amigos que son musicazos, que sempre que teño unha dúbida pregunto e para facer as bases e ideas musicais sempre conto con Joao que sempre está dispoñible para facer música. Con Cibrán, como é un excelente rapeiro e un dos meus mellores amigos, como coas letras pásoo mal, ás veces pídolle axuda para levar a término as ideas porque ten más habilidades para iso.

Pode ser que haxa bossa nova e outros estilos pero ao final o único que fago é quedar con Joao e tocar instrumentos, entón teño unhas sonoridades ou outras pero non é algo deliberado. Mesturamos melodías e acordes e o resultado pose asemellarse a algúns estilos, é guai pero non temos un afán explorador súper forte, ba´samonos na improvisación, en vivir o momento e estar de risas porque o facemos para iso, no momento en que o pasemos mal facendo música paramos.

https://www.instagram.com/p/CU46h6ksUbZ/?utm_source=ig_web_copy_link

'Ex Jipi' e 'A Veces' son dúas das cancións máis destacadas do disco. Qué querías transmitir con elas?

'Ex Jipi' narra a historia dunha vez que quedara cunha chica e non estábamos moi ben, entón fixen un viaxe en furgoneta na que me parou a policía e quitoume todos os puntos. A de 'A Veces' era un momento no que estaba que non sabía que facer, analizando sentimentos vitais e saiume o tema. Unha curiosidade é que compúxena o día de Nadal do 2020.

"A musica é como un diario, fago cancións de cousas que van pasando"

Dixeches nalgunhas ocasións que o tema máis especial do novo disco é 'Nanana'. Cal é o motivo?

É unha canción que represéntame, gústame moito facer letras pero non teño un talento da ostia, sufro moito e nunca estou moi contento. Nesta ocasión foi diferente porque escribina con moita facilidade e pasa o tempo e sigo orgulloso, foi a primera canción na que fun capaz de facer cousas das que non me vía capaz. Falo da vida básicamente, do que vai pasando, diferentes momentos que vanse experimentando.

https://www.instagram.com/p/CStyrYqs6Mp/?utm_source=ig_web_copy_link

Como es ti como artista?

Como lle digo a todo o mundo, teño un grupo e fago cumbias e merengues, esta sería a miña propia definición. Creo música electrónica con tintes latinos. É certo que se es galego levas escoitando merengues e cousas así toda a vida, sen ir máis lonxe o Combo Dominicano é un grupo que só toca merengues e un dos tres megalodones das orquestas de Galicia.

Ahora que pasou o tempo dinme conta de que marcoume porque escoito eses sonidos e chaman a miña atenci´ón, pero a nivel referentes escoito máis ben Toño Rosario, Omega el Fuerte ou Juan Luis Guerra, músicos latinos. O que intento básicamente é tratar de reproducir iso, traer ao meu imaxinario ese tipo de sons e adaptalos ás miñas condicións. Quen me dera ter unha banda, pero o único que teño son instrumentos electrónicos.

https://www.instagram.com/p/CUxL6skrcE-/?utm_source=ig_web_copy_link

O autotune e o teclado van implícitos con Ortiga?

Sempre encantoume cantar e o fago fatal a verdade, pero paréceme pouco xeneroso comigo mesmo deixar de facelo se me gusta. Se hai un elemento que me permite facelo moi ben como o autotune, non sei porque non debería usalo.

O mundo sería unha merda se todo o mundo puidese facer só as cousas que se lle dan de puta madre, hai un ave rapaz sobrevolando o autotune, e nin que esta ferramenta tivera a John Lennon e Paul McCartney dentro fastidiando as cancións. Creo que a maioría da peña que non ve ben o autotune é que nunca o probou, hai que probalo.

Con Boyanka Kostova fixeches un tema con moita pegada en Vigo, 'Abel the Knight'. O alcalde pronunciouse sobre a canción? Gustaríache unha colaboración nun futuro remoto con alguén da política ou das institucións?

Abel Caballero non dixo nada e sobre todo o que sexa político a miña opinión é que cada un na súa casa. Os temas políticos son imposibles de quitar da esencia da persona, aínda que non fagas política estala facendo dunha maneira ou outra. Ademais, non me mola o rollo de obrigar un pouco a facer cancións en galego que ten algunha xente, mólame cantar cancións en galego en Sevilla e que as saiba todo Deus.

Aquí hai un rollo de "mira meu estou molando en galego e podes ser coma min", e iso é polo que opto. O que fastidia destas cousas é que ao final olvidámonos de que é musica, sonidos perecederos que están rondando polo aire e que non lle importan a ninguén, porque ao final podes vivir sen música. Se te molestas con estas movidas é que tes pouco que facer no día a día.

https://www.instagram.com/p/CNXFGmxCgNK/?utm_source=ig_web_copy_link

Qué colaboración elexirías para 2022 e cales son os teus plans?

Colaboración soñada sería con Juan Magán, molaríame que flipas, é un referente da ostia. Faría o que él diga, un tipo que conta as cancións por hits que lle vou dicir eu que son un hippie. Plans para 2022 básicamente son seguir dando bolos e recuperar o tempo perdido en pandemia e a maiores sacar algunhas cancións porque teño cousas gardadas que teño que valorar como xestionalas.

"Como digo a todo mundo, teño un grupo e fago cumbias e merengues"

Habería material para un terceiro disco?

Para moito máis, pero ten que ir no espazo tempo adecuado e agora mesmo estou inmerso na promoción de 'Sabes el camino que elegí'. Disfruto no día a día e non fago nada máis que non sexa música desde fai moitos anos, co dúo Esteban e Manuel (antiga banda a que pertencía antes de Ortiga) xa vivía disto. Por enteiro neste mundillo comecei no 2016, pero a pasta que xerábamos era moi pouca e o sustento vital terrible, pero dando concertos vas facendo peto. Desde o 2016 só fago cancións.

https://www.instagram.com/p/CPfk0rjDvQU/?utm_source=ig_web_copy_link

Levarías a túa música fóra de España?

Encantado, para mín é unha bendición viaxar e facer estas cousas e se hai alguén fóra de España que queira levarme un pracer. Con Ortiga toquei en Inglaterra unha vez e en Portugal en varias ocasións tamén. Ao final a música é como as matemáticas, universal.

Nas túas stories de Instagram adiantaches hai unhas horas unha colaboración "cunha moza moi especial". Podes dar detalles?

Nada, só de momento que é unha chica moi especial, moi, moi, moi. Probablemente será unha versión levada aos nosos terreos musicais que sempre teñen algo distinto.

De cara ao venres, como afrontas o concerto no Festival Porto Maresía da Coruña?

Vou ir a reventar, despois de dous anos de pandemia tocar por aí e liala parda é a ostia, intento que as actuacións sexan unha festa entendida como tal máis que un recital, aínda que o concerto ao final é un tipo de festa. O que sucede entre canción e canción intento traballar para que sexa dinámico, que semelle que estás nunha discoteca e non haxa moitos tempos de silencio. Nunha hora sen momentos de pausa a xente está moi arriba.

https://www.instagram.com/p/CMFsLiLjteo/?utm_source=ig_web_copy_link

A escena musical galega emerxente cres que está nun bo momento? Por exemplo as Tanxugueiras acaban de presentar a súa candidatura a Eurovisión.

Para min Galicia sempre está en bo momento. É certo que agora mesmo hai un foco máis posto en Galicia porque a xeración que estamos temos un pouco máis de afán de que se nos vexa e hai grupos en Galicia increíbles para os que daría moitos cartos por calquera das súas cancións.

Cuchillo de fuego, Fluzo, Holywater, Novedades Carminha...son bandas que poden ser eternas, proxectos artísticos maduros e incribles desde fai anos. Agora con Baiuca ou Tanxugueiras faise camiño traballan moito e nótase. Todo isto paréceme maravilloso porque faltaba xente súper implicada en dar saídas profesionais aos proxectos.

Vivir