El Español
Vivir
|
Música

Heredeiros da Crus toca este jueves en A Coruña: "Estamos en mellor forma ca nunca"

El grupo visita la ciudad para ofrecer un concierto de rock and roll tranquilo en el marco de su Xira Angústica. Hablamos con el Jran Fran, que nos cuenta como prepararon las versiones en acústico de sus grandes clásicos y si ya piensan en la celebración, en 2022, de los 30 años desde su formación
Heredeiros da Crus.
Cedida
Heredeiros da Crus.
Ofrecido por:

Heredeiros da Crus cumplirá en 2022 el 30 aniversario de su formación y este año ha querido regalar a sus fans una oportunidad única de escuchar las canciones de siempre en formato diferente. La Xira Angústica adapta algunos de los himnos de la banda al acústico, creando un espectáculo de rock and roll "máis tranqui" que no pierde la esencia que ha convertido a Fran Velo, Javier Maneiro, Tonhito de Poi, Antonio Novo y Manu Rey en uno de los grupos favoritos de los gallegos.

El ciclo de conciertos Porto Maresía trae hasta A Coruña una de las últimas oportunidades de disfrutar de esta puesta en escena en la que tanto el público como los músicos permanecen sentados, lejos de los conciertos a los que los seguidore de Heredeiros da Crus están habituados. Precisamente por esto, el grupo ha decidido grabar un audio con las canciones que tocará el jueves 25 en el Palexco. De esto y de mucho más, hablamos con el bajista Fran Velo, o Jran Fran.

Antes da chegada da pandemia, en 2019, acababades de sacar Derretidos. O coronavirus truncouvos a presentación do disco e a xira.

Fixeramos unha presentación do disco e unha Xira Europrea coa que estiveramos en Londres, Suiza, Barcelona, Madrid e Santiago. Xusto tiñamos ese verán para darlle bola, cunha perspectiva enorme e máis de 20 concertos, pero veu a pandemia e tivemos que quedar na casa. Non tocamos en todo o 2020 e no 2021, como a cousa seguía coa xente sentada e nós queriamos tocar, adaptámonos á situación e creamos o formato que levamos facendo este verán e que vamos a presentar no Palexco.

A Xira Angústica é unha adaptación dunha xira acústica na que nós, ao igual que o público, estamos sentados. Ao contrario do que facemos normalmente, cuns concertos súper enerxéticos e cañeros, estos son máis tranquilos. A situación angustiosa levounos a facer isto, por iso lle chamamos Xira Angústica en vez de xira acústica.

Como fixestes para adaptar os temas? É un cambio total respecto aos concertos aos que estamos habituados...

Foi todo un reto para nós, pero a verdade é que o disfrutamos moito. Xa levamos varios concertos e á xente encantoulle. Non foi simplemente coller as acústicas e facer o mesmo que facemos co eléctrico, démoslle unha volta a todos os temas. Tocamos os grandes clásicos e algún novo de Derretidos de forma distinta, buscamos amaños e aires diferentes. Quedounos un repertorio moi bonito.

Tivestes moi boa aceptación por parte do público. Notades que a xente segue a participar con vós nos concertos?

Participando dentro da medida do posible, porque está sentada e con mascarillas. É todo como máis frío, pero polos comentarios que nos fai a xente está moi gratamente sorprendida. A acollida foi boa, houbo moita xente en todos os concertos, pero esperemos que quede aí, nunha anécdota. Queremos gravalo porque temos a esperanza de que, aínda que haxa cousas que poidamos aproveitar nun futuro como amaños distintos ou se temos que botar man do acústico por circunstancias do local, esperamos que quede no 2021 e que poidamos volver á normalidade da caña e do rock and roll eléctrico canto antes.

Dis que o público poderá disfrutar dos temás clásicos de Heredeiros da Crus. Que cancións van a escoitar os asistentes ao concerto do xoves?

Os clásicos son os clásicos. Abrimos o concerto con Non che teño medo, do disco Jard rock con fe. Dámoslle voltas aos temas de sempre: Que jallo é, Quero josar. Os grandes himnos de toda unha vida tocámolos dunha forma máis suave ou con outros aires, como R7. Metemos algúns temas lentos como A chaqueta de lana, Pío Pío Paxariño ou Corasón de carballo.

Incorporamos un colaborador para este formato, que é Manu Conde, guitarrista en O Milladoiro e creador de bandas sonoras de películas. El incorpórase facendo percusións, teclados co órgano hammond e o piano e buzuki, que casa moi ben cos nosos temas. Buscámoslle un aire que por veces recorda a esos unplugged da MTV. Ten parte de son rock and roll, acústico, que a veces parece son americano e por veces poñémonos un pouco countries. A xente a veces pensa que facer acústico é coller a guitarra, pero que bah, ao final complicamos incluso máis os temas, as baterías van a veces con escobillas e outras con maquetas normais. Segue soando a rock and roll, máis tranquilo, pero a veces recorda a Bob Dylan ou ao acústico de Nirvana.

Esta é unha oportunidade única para ver un concerto da Xira Angústica xusto antes de que en 2022 cumplades 30 anos. Estades preparando algo?

Estámoslle dando voltas, sempre coas expectativas de ver como vai. Nós queremos facer algo especial e grande para celebrar o noso 30 aniversario e por se por fin abren as portas a facer cousas grandes e espectaculares.

Estamos en mellor forma, tocamos e soamos mellor ca nunca tanto en cañero como en acústico. Estamos moi ilusionados.

Celebrades 30 anos dos vosos comezos tras un ano e medio particular. Ademais, cada un ten proxectos musicais máis alá de Heredeiros. Queda aínda moito Heredeiros da Crus por diante?

Estamos motivados, con moitas ganas. Non solo o percibimos nós, tamén nolo di a xente, achegados ao grupo, que estamos en mellor forma, tocamos e soamos mellor ca nunca tanto en cañero como en acústico. Estamos moi ilusionados. Parte da saúde do grupo radica en que todos temos proxectos a parte, non hai frustracións do tipo "a min gustaríame facer esto" ou "non estou cómodo con isto outro". Cando nos sentamos para facer Heredeiros, é para o que Heredeiros pide e o que nos gusta facer con Heredeiros.

Tedes ganas de visitar A Coruña?

Si, porque xa hai bastante que non visitamos A Coruña. Pode ser que a última vez que tocaramos, ainda que despois estivemos no Rock in Cambre, fora no Coliseum con Mago de Oz ou cando tivemos a xira de Jaliñeiros, que estiveramos na Mardi Gras. Estouche falando ao mellor de cinco anos. O Palexco é un sitio moi chulo para facer este concerto, con butacas onde a xente está cómoda e é un lugar onde soará ben. Témoslle moitas ganas.

Vivir