El Español
Treintayseis
Economía
|
Emprendedores

Nace NaUtopía, o primeiro portal de obradoiros exclusivamente en galego

A ribeirense Lorena García é a creadora dun proxecto que pretende animar á xente a consumir contido en galego á vez que aprenden algo
Lorena García creadora de NaUtopía.gal
Raquel Xallas
Lorena García creadora de NaUtopía.gal
Ofrecido por:

Cada vez son máis as persoas que buscan aprender dun xeito más informal. Esquecida está xa a práctica de ir á clases da universidade ou de entidades privadas para descubrir novas cousas ou novos pasatempos. Agora a xente confía na Internet e nos titoriais online para satisfacer a súa ansia de coñecemento.

Ante esta situación e en vista de que existe unha falta clara de contidos en galego de este tipo, a Lorena García ocurriuselle montar a páxina de obradoiros NaUtopía.gal, unha plataforma web que ofrece titorais online en galego para os que busquen aprender algo novo.

"Son consumidora deste tipo de contido e aprendizaxe desde tempo atrás", sinala García. A xove ribeirense, natural da parroquia de Aguiño, é deseñadora gráfica e traballou noutro tipo de ámbitos, pero levaba tempo buscando algo que facer que se aliñara algo máis co seus intereses e loitas persoais. "Quería contribuir con algo á sociedade coas ferramentas que aprendín ao longo do tempo. É entón cando se me ocorre a idea para esta plataforma", desvela esta emprendedora.

García xa era unha persoa coñecida especilamente dentro do mundo creativo galego, co seu traballo en deseño dos discos Humano de Chamaquito Pistolas ou Saliva para a banda Maltine, a súa canle de YouTube ‘Na utopía non existe a vertixe ASMR’ ou o podcast ‘Gallifrey Ceive’ canda Jon Amil.

A pesar de ter competidores directos no ámbito dos portais de aprendizaxe online, como Skillshare e incluso o propio YouTube en moitas ocasións, á ribeirense parecíalle necesario crear algo así en galego ante a "precariedade" da creación no idioma. "Tendemos a crer que non é posible facer proxectos en galego e que temos que recorrer ao castelán ou incluso ao inglés para poder levalos a cabo. Con Na Utopía queremos arriscarnos a demostrar que non é necesario isto para facer algo tan natural como aprender na túa lingua."

Por agora NaUtopía calquera usuario pode encontrar obradoiros de introducción á pandeireta, á calceta e incluso á fotografía dixital. Escoller quen da as clases tamén é un traballo do que se encarga García, que indica que a maioría de educadores son contactos seus aos que encontrou dalgunha ou otra forma a raíz da súa canle de YouTube. "Por cada disciplina hai moitísimas persoas interesantes que poderíam facelo, e oxalá co tempo poidamos traballar con todas elas!", sinala.

https://www.instagram.com/p/Cf6uasfgYSF/

Na busca de todo tipo de tipo de obradoiros en galego

Esta emprendedora non só busca dar voz á parte máis tradicional da cultura galega, senón tamén facer accesibles contidos técnicos que non sempre se encontran no noso idioma. "Por que tendemos a relacionar certas disciplinas máis técnicas, por exemplo, con outros idiomas? Somos moitas as persoas interesadas nelas que falamos galego", engade.

Cada vez máis o reto de García é engadir contidos divulgativos, tocando todo o posible. "Parte da miña motivación con este proxecto é a miña curiosidade e que nada me parece aburrido", comenta ríndose. "Por poñer un exemplo concreto: interésanos moito a divulgación e encantarianos ofrecer, por exemplo, contido sobre saúde mental".

Neste sentido, a emprendedora reflicte sobre a súa etapa como creadora de contido, tanto para a canle ASMR como para o pódcast sobre Doctor Who Gillifrey Ceive, e sobre que é o que lle falta a rede en galego. "Encantaríame e ilusionaríame moitísimo que se foran creando proxectos de todo tipo tamén na rede, porque é un lugar moi importante no que temos que estar para que vexamos que o idoma serve tamén para isto", sinala a ribeirense. "Non vexo, por exemplo, moitas canles de YouTube que falen de actualidade, ou series, cine… cando en outros idiomas é algo que abunda". García engade ademais que as persoas interesdas non deberían ter medo a repetir temáticas ou a facer algo que xa existe.

Os obstáculos de querer emprender

A pesar de toda a paixón que ten polo seu proxecto, García desvela cal é a parte que máis lle custou. "Creo que o mesmo que para calquera que queira emprender: o diñeiro", sinala a emprendedora. E é que aínda que ela faise cargo da maioría do traballo, como as gravación e edición dos vídeos ou o deseño, ten que invertir unha cantidade importante noutros ámbitos. "Non podes funcionar sen ter un equipo para traballar, acondicionar un espazo, pagar á xente neste caso que prepara e explica os obradoiros, á parte das cotas mensuais, trimestrais… É unha inversión da cal tes que estar moi segura e que no meu caso puiden facer empregando uns pequenos aforros e solicitando axuda".

A ribeirense valora moito compensar particularmente aos creadores, e quitarlle un pouco a mentalidade á xente de que "todo na internet é de balde". "Hai que pagar polo traballo que ofrecen as persoas, igual que se fóra nunhas aulas presenciais, e non debería estrañarnos", destaca García.

Por iso NaUtopía búscase non só facilitar os obradoiros aos usuarios, senón tamén que se aprecie o traballo que hai detrás deles e emosar o labor das persoas implicadas. "Encantaríanos acabar contando cunha especie de comunidade, un sitio onde poder atopar a todo tipo de persoas segundo a disciplina que che interese. Pretendemos tamén ofrecer unhas condicións dignas a estes sectores tan maltratados na visibilidade do seu traballo e sobre todo no económico".

A pesar da súa curta vida, NaUtopía vai crecendo pouco a pouco, con moito apoio por parte dos interesados. "Estou moi agradecida porque só recibo palabras bonitas e iso axuda moito".

https://www.instagram.com/p/CfZOiXGAJbo/
TEMAS:
Economía