El Español
Treintayseis
Actualidad

Nace Leócho?: Galicia xa ten o seu propio servizo de audiolibros en lingua galega

Esta iniciativa foi idea de Ramón Romero, un locutor de audiolibros que durante o confinamento decatouse da necesidade de adaptar a literatura galega a este formato que vive un gran momento
Leócho.

Os audiolibros viven un gran momento e disto foi consciente Ramón Romero, un xornalista e locutor que traballou neste mundo poñendo a súa voz. Deste traballo xurdiu a idea de facer Leocho? a primeira plataforma de audiolibros en galego.

Todo empezou na pandemia, como conta Ramón a Quincemil: "A idea xurdiu no confinamento, vin que o mundo dos audiolibros e dos podcast estaba en auxe e que faltaba algo así en galego".

Un proxecto artesanal

O proceso para levar a cabo este tipo de obra é máis sinxelo do que parece. Ramón utiliza un ordenador, unha tarxeta de son, un micrófono e por suposto, a súa gran voz de locutor. El ocúpase de facer todo o proceso coa axuda da súa parella, Silvia Fernández, que é filóloga e ten gran coñecemento neste campo.

Leócho? comezou a funcionar este venres 8 de xullo. Ramón o define como un proxecto "artesanal" que ten a intención de ir crecendo para ser máis profesional. De momento pódense atopar dez libros do Rexurdimento que son os seguintes:

  • A tecedeira de Bonaval de Antonio López Ferreiro
  • Aires da miña terra de Curros Enríquez
  • Cantares gallegos de Rosalía de Castro
  • Catecismo labrego de Marcos da Portela
  • Follas Novas de Rosalía de Castro
  • Follatos de Filomena Dato Muruais
  • Maxina ou a filla espúrea de Marcial Valladares
  • O divino sainete de Curros Enríquez
  • Proel / O Galo de Luis Amado Carballo
  • Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal

"Comezamos con dez libros que son os máis representativos do Rexurdimento, pero a nosa pretensión, dependendo da acollida do proxecto, é pasar por varias épocas e chegar a libros contemporáneos e tamén facer un catálogo infantil", explica Ramón.

Como descargo libros en Leócho?

Para poder comprar os libros so tes que acceder a súa web. Alí podes comprar os libros, que teñen un prezo similar a un libro de tapa branda, de dúas formas: rexistrándote ou non. Ramón recomenda facer o rexistro, porque así en caso de perder o libro, podes reclamalo e levarás un historial das túas compras. O libro o descargas de forma directa e o podes escoitar no teu dispositivo favorito.

O rango de idade abarca a todo tipo de xeracións, por eso ten unha web sinxela e accesible para a xente maior e tamén para a xente máis nova, que pode utilizar estes audiolibros nos seus estudos de galego no instituto.

Esta é a historia detrás de Leócho?, un novo servizo moi necesario que sirve para cubrir un oco de mercado, pero tamén para actualizar ao século XXI as grandes obras da literatura galega, que así moitos poderán descubrir.

Actualidad