El Español
Treintayseis
Actualidad
|
A Coruña

María García: "A Marea Atlántica é unha historia de empoderamento cidadá que se estudará"

A portavoz da Marea considera que hai xente "moi valiosa" para asumir o relevo na formación política, que aspira a volver a gobernar na cidade coruñesa: "Aspiramos a ter a maior incidencia posible nas políticas municipais"
María Garcia, portavoz de la Marea Atlántica
LPR
María Garcia, portavoz de la Marea Atlántica

A Marea Atlántica, formación política que gobernou a cidade de A Coruña na anterior lexislatura, renovarase por completo de cara ás próximas eleccións municipais de 2023. Os seus cinco concelleiros actuais non repetirán nos próximos comicios, seguindo co establecido no código ético do partido, no que se recolle que ningún cargo permanecerá mais de oito anos no seu posto.

So o concelleiro Iago Martínez non permanece na corporación municipal dende 20215, e ainda así non irá na listaxe de 2023, xunto con Alberto Lema, Silvia Cameán, Claudia Delso e María García. Esta última, portavoz municipal da Marea Atlántica, tomou o relevo de Xulio Ferreiro tras a sua marcha no 2019. Sen dubida, un momento que recorda con "moita pena", tal e como nos traslada nesta entrevista concedida a Quincemil.

Por que tomaron a decisión de non estar na próxima lista electoral?

Foi un cumulo de factores. Hai un que é o cansanzo, despois de sete años trepidantes: dende non existir a Marea Atlántica, ata formar unha candidatura a gañar unhas eleccións, logo perder o goberno, sustitur a Xulio (Ferreiro)... Foron sete anos moi tensos. Pero sobre todo, a Marea Atlántica nace cunha idea de renovación, non apalancarse na política, non utilizala para facer carreira, e non perder de vista de onde vimos. Somos xente normal, que temos dificultades para atopar un traballo, para pagar un alugueiro... Temos que meter no concello as necesidades da xente do común. E iso necesita renovación e frescura. Hai unha cuestión importante, se lle queremos dar futuro a Marea Atlántica o partido non pode depender de cinco ou dez persoas. Hai que ter personas con experiencia e ir ampliando as bases. A renovación é unha aposta de futuro. A xente que xa saímos do grupo municipal e que temos experiencia reincorporémonos a organización e axudemos aos que tomen o relevo.

Foi duro tomar esta decisión?

Non, porque temos as cousas moi claras. Non foi duro porque estaba dentro do previsto, así o prevé o código ético e eu concordo con eso. Ademais agradezo ter un respito e poder dedicarme a miña familia e a miña parella, que tamén o merecen.

Cal é o balance que fai deste anos?

En Xeral, a Marea Atlántica é unha historia de empoderamento cidadá que se estudará no futuro. Se cadra estamos tan metidos dentro que non nos damos conta da magnitude do que se fixo. Dende o Goberno dimoslle un cambio o concello, ampliando dereitos, poñendo o modelo urbán no debate público, a xustiza social... son debates que calaron. E logo dende a oposición, evidentemente perdes marxe de manobra pero eu estou satisfeita dende o punto de vista de que marcamos moito a axenda política, condicionamos a acción de goberno dende a construcción e o apoio a gobernabilidade.

Que foi o mellor destes anos? E o peor?

O mellor da Marea Atlántica é a su xente, dentro do concello e dentro da organización. É xente moi alturista, moi leal, moi fiel co proxecto político. O mellor foi ter a capacidade de abordar cambios que estabas pedindo dende detrás da pancarta. Chegas a un posto de decisión e podes facer moitas cousas, ainda que nos gustaría ter feito moitísimo mais. De triunfalismo, nada: hay que seguir pelexando.

"Teñen un ano (no Goberneo local) para materializar estas propostas políticas e a Marea Atlántica ten que estar enriba para que se cumpla"

Todavía queda un ano para as eleccións municipais, hai marxe de manobra para abordar temas pendentes?

Despois de este fin de semana, que foi de anuncios, o luns xa estabámos traballando. Agora acaban de aprobarse os orzamentos municipais, que chegan despois dun ano incomprensible no que o goberno non quixo presentar un proxecto de orzamentos; por iso agora hai que estar enriba para que executen políticas como a empresa municipal de enerxía, que debería estar aprobada antes das eleccións, a distribución de psicológos nos centros cívicos dos barrios para atender unha demanda de protexer a saude mental da xente, a cuestión de coidados a personas coidadoras, o plan de vivenda... Agora mesmo non pode ter excusa de que a corporación lles impide gobernar, teñen un ano para materializar estas propostas políticas e a Marea Atlántica ten que estar enriba para que se cumpla.

Como afronta María Garcia estes últimos meses na faceta visible da política?

Con ilusión. Hai que aproveitar cada minuto no concello para que todas esas políticas que teñen consignación orzamentaria chegen finalmente as persoas. No concello non imos desaproveitar ningún minuto. E na organización, xa estamos en plena preparación do escenario de 2023, entón tamén hai que traballar. Afronto con ilusión ata 2023, e despois tamén, que non marchamos a conchinchina.

La portavoz de la Marea Atlántica, María García, en rueda de prensa

Como vai ser o proceso de selección da persoas que se poñan ao frente da organización?

Esta semana vaise presentar a Marea Viva, que é a nosa asamblea xeral e nela a coordinadora lanza propostas sobre candidatura, programa, documento político... E ahí verase que seguimos facendo alarde dun proceso democrático. Na Marea Atlántica confiamos moito no noso capital humano.

Precisamente, sobre ese capital humano, cales son eses perfiles que poderán tomar o relevo?

Será a organización a través de participación a que tome esa decisión, pero eu observo xente moi valiosa. Realmente hai onde escoller.

"Eu observo xente moi valiosa. Realmente hai onde escoller"

Como recorda o momento no que Xulio Ferreiro abandona e tense que poñer vostede ao frente da organización?

Con moita pena. Foi o momento mais triste de todo este tempo. Creo que con Xulio Ferreiro tivemos o mellor alcalde de A Coruña. Plantexeime que había que sustituilo, que era una fase de transición, que había que impulsar algo novo... e aquí estamos.

Cales son as pretensións da Marea de cara as próximas eleccións? E que sería para vos un bo resultado?

A Marea Atlántica aspira a volver a gobernar e dende logo esperamos que o resultado sexa un resultado escorado cara a progresismo, a esquerda e o progresismo social. Estamos nun momento de enormes retos sociais: a pandemia, a desiguldade social, o risco de pobreza pero tamén a emerxencia climática, a conformación das cidades, a vivenda... A Marea Atlántica é mais necesaria ca nunca. Aspiramos a ter a maior incidencia posible nas políticas municipais.

E de cara o futuro, a que se vai dedicar?

Primeiro a recuperar un pouco a normalidade e a miña casa, a miña xente. Logo a reinsertarme no mundo do traballo e, en terceiro lugar, a botar unha man na Marea Atlántica.

Continuará no ámbito polítco?

Non como principal ocupación.

Despois destes anos na política, que consello lle daría a aqueles que afornten o reto de tomar as riendas da Marea Atlántica?

Que nunca perda vista que viñemos aquí a defender os interes da xente.

Actualidad