El Español
Treintayseis
Actualidad
|
A Coruña

Francisco Jorquera, candidato do BNG: "A Coruña real non remata na Ponte da Pasaxe"

O candidato nacionalista aspira a liderar un cambio na Coruña, poñendo os barrios e a área metropolitana no centro da política municipal. "Estou moito máis preparado para asumir o reto de ser o alcalde da Coruña", asegura
Francisco Jorquera
Quincemil
Francisco Jorquera
Ofrecido por:

Francisco Jorquera (Ferrol, 1961), candidato do BNG a Alcaldía da Coruña, concurre ás eleccións municipais deste domingo máis preparado ca nunca, tras estar catro anos ao frente do grupo municipal do BNG no Concello. Este político, que leva nas suas costas unha longa carreira política, chegando incluso a presentarse como candidato a Xunta polo BNG no 2012, quere liderar un cambio na Coruña, unha cidade paralizada tras catros anos de Goberno liderado por Inés Rey.

O candidato nacionalista pon como exemplo o traballo ben feito en cidades e vilas gobernadas polo BNG para pedirlle as coruñesas e os coruñeses "a sua confianza" para liderar un goberno municipal. No caso de que o escenario tras o 28-M requira dun diálogo entre forzas políticas, Jorquera móstrase aberto a falar, pero sempre con responsabilidade e poñendo por diante os intereses da cidadanía. E por suposto, sendo "moi esixente". "O modelo destes catro anos non nos vale", afirma.

A posta en valor dos barrios, o acceso a vivenda e o impulso da área metropolitana son as claves da proposta de Francisco Jorquera que xa ten moi claro as duas primeiras cousas que faría se fose alcalde: presentar unha demanda contra os Franco para recuperar a Casa Cornide e nomear Fillos Adoptivos da Coruña a Ibrahima y Magatte, os dous mozos que axudaron a Samuel Luiz.

Como afronta a recta final da campaña?

Con moito ánimo, creo que mentiría se non recoñezo que acuso xa certo cansancio despois dunha campaña moi intensa e unha precampaña moi longa. Creo que o BNG está claramente en ascenso e constato unha gran receptividade coa veciñanza das nosas propostas. Creo que xa ninguén dubida que o BNG vai ser unha forza decisiva na corporación municipal, pero non nos conformamos: a nosa vocación é liderar a cidade. Ainda hai moito voto indeciso.

E que lle diría a todos eses votantes indecisos?

Que voten. O voto é a ferramenta que temos os cidadáns para influir na vida publica, polo tanto animaríaos a que exerzan tal dereito e o fagan de maneira activa e crítica. E logo, que sexan moi esixentes cos seus representantes, que exisan o cumplimento dos compromisos e a rendición de contas. Por que apelo a que o sentido do voto sexa cara o BNG? Porque creo, sinceramente, que somos a forza política que garantimos un cambio de rumbo. O PP representa o retorno a un modelo de cidade caduco, superado; e creo que o actual goberno municipal faltoulle impulso e estivo moitas veces mais preocupado polas fotos, polos titulares, por atender os seus múltiples problemas internos que a dar resposta as necesidades do día a día da cidade. O BNG ao longo destes catro anos creo que foi noticia polo seu traballo, polas suas propostas; non pola división, liortas, incertezas nas que están instaladas outras forzas políticas. Se todos os votantes que aspiran a que haxa un goberno progresista preocupado polos problemas da cidade no día a día, que dialogue e escoite... a ferramenta mais útil é concentrar o voto no BNG.

Cales son as necesidades que teñen os cidadáns da Coruña?

O BNG considera que hai que poñer os barrios no centro das políticas municipais e evitar unha fenda entre barrios de primeira e barrios de segunda, porque hai moitos que están sufrindo un proceso preocupante de degradación. É imprescindible cambiar prioridades, poñer os barrios no centro e apostar por un plan de rexeneración e revitalización dos barrios.

Na Coruña hai un problema serio para o acceso a vivenda, polo tanto para o BNG é unha cuestión prioritaria. Temos que utilizar todas as ferramentas que ten o Concello para garantir o dereito de acceso a vivenda, e nese sentido temos propostas moi ambiciosas; pero tamén pensamos que hai que ser moi esixentes coas adminsitracións que teñen as principais competencias en vivenda para que haxa unha oferta de vivenda pública na nosa cidade merecente de ese nome. O BNG garante que, se hai un alcalde do BNG ao fronte da Alcaldía, a relación coas outras administracións vai ser firme e esixente para que esta necesidade tan perentoria sexa atendida.

E por último, cremos que o futuro da Coruña non se pode abordar sen atender a sua dimensión metropolitana. A Coruña real non remta na Ponte da Pasaxe, somos unha cidade cunha clara dinámica metropolitana e, polo tanto, é imprescindible impulsar a constitución da área metropolitana da Coruña e avanzar na concertación de políticas e servizos a escala comarcal. Lamentamos que se peche este mandato sen que se teñan dado pasos nese sentido, e o BNG comprometese a darlle impuslo a área metropolitana.

"Foi un goberno que se caracterizou pola total inestabilidade, polas feblezas do equipo e polas divisións internas"

Que valoración fai destes catro anos do Goberno municipal?

Creo que no seu momento o goberno presidido por Inés Rey levantou unha expectativa. Creo que ao longo destes catro anos, ademáis, o actual goberno tivo o escenario favorable de contar cunhas forzas da opoisicón que en xeral tiveron unha actitud e colaborativa, poñendo sempre por diante os intereses da cidade. Creo que o BNG foi exemplo dese comportamento. Pero son moi crítico co balance do goberno porque creo que desaproveitou ese escenario tan favorable.

No noso contacto coa veciñanza e coas distintas entidades sociais, unha queixa xeralizada é que moitas veces o goberno municipal parece que non escoita, non atende as peticións de reunións, non atende as queixas que se lle fan. Foi un goberno que se caracterizou pola total inestabilidade, polas feblezas do equipo e polas divisións internas. Por iso, o BNG ve necesario un cambio de rumbo: A Coruña non pode aspirar a catro anos máis do mesmo. Somos a forza política capaz de imprimirlle ese cambio de rumbo.

As enquisas apuntan a un ascenso do BNG para estas eleccións municipais, como as valoran dende o BNG?

Con moita prudencia. En calquer caso, o que me tranquiliza dos inquéritos é que todos coinciden no crecemento do BNG, uns pronostican un crecemento maior, outros un crecemento importante pero menor; pero todos coinciden co crecemento do BNG. Somos a única forza onde absolutamente todos os inquéritos pronostican o ascenso, o que non acontece con outras forzas políticas. Analizando os inquéritos, hai datos moi positivos. Non me gusta valorarme a min mesmo, pero a maioría dos inquéritos din que son o candidato máis valorado polos cidadáns, e polo tanto tamén apelo a que a cidadanía a hora de votar escollan o perfil de alcalde que consideran mais apropiado para a cidade. Recoñecendo as miñas limitacións e defectos, eu creo que son unha persoa solvente, capaz. Non confundo a solvencia e a capacidade coa soberbia; e son unha persoa que sabe dialogar, escoitar e estar en contacto coa veciñanza. Aporto compromiso e cercanía. O noso obxectivo é ser a forza política que lidere a cidade.

Nestes últimos 12 anos A Coruña experimentou gobernos de distinto signo. Houbo catro anos de goberno popular, catro anos da Marea Atlántica e catro anos do PSOE, e ningún deles soupo darlle a cidade o impulso que necesita. Por iso apelamos oa cidadán a que lle dean unha oportunidade o BNG. Creo, ademais, que a maioría de galegas e galegos recoñecen que os concellos gobernados polo BNG son un exemplo de boas prácticas municipais. Abonda con visitar cidades e vila polo BNG para comprobar a sua revitalización.

"O obxectivo do BNG non é entrar no goberno, senon ser o goberno desta cidade"

As enquisas tamén apuntan a que non habería unha maioria absoluta e que sería necesario chegar a pactos para a formación de goberno. O BNG brindou apoio o PSOE nesta lexislatura, pero co paso do tempo foise alonxando partido do goberno municipal. Pensa o BNG repetir a mesma fórmula que na anterior investidura? Ou cal pode ser a fórmula para a formación dun goberno de esquerdas?

Hai que diferenciar etapas. Ainda estamos en campaña e toca que cada forza política explique as suas propostas e procure lexítimamente recabar os apoios necesarios para materializalas. O obxectivo do BNG non é entrar no goberno, senon ser o goberno desta cidade. A nosa aspiración é liderar esta cidade e ímonos esforzar para recabar a confianza das coruñesas e coruñeses e fácelo posible. Se do resultado das eleccións do 28 de maio resultase un escenario na que ninguna forza política ten os apoios suficientes para gobernar, un escenario que vai demandar do diálogo de mais dunha forza política, o BNG actuará con responsabilidade, como sempre o fixo, poñendo por diante os intereses dos coruñeses e coruñesas pero tamén con total e absoluta esixencia. Consideramos en moitos aspectos que esta cidade necesita un cambio de rumbo e non nos vale como modelo o que aconteceu nestes catro anos. Inés Rey no seu discurso apela a que este foi o mandato do diálogo, a que no Concello moitos acordos se tomaron por unanimidade ou por ampla maioría. E en gran medida é certo pola actitude responable e colaborativa que tivemos as fozas da oposición, pero o problema e que o Goberno municipal non cumpriu moitos destes acordos.

O modelo destes catro anos non nos vale. Se houbese un escenario que require do diálogo e negociación entre máis dunha forza política, o BNG vai ser enormemente esixente para que haxa un cambio de rumbo.

"Creo que despois destes catro anos estou moito máis preparado para asumir o reto de ser o alcalde da Coruña"

Ve viable un tripartito ou cuatripartito, como apuntan algunhas enquisas?

Eu, sinceramente, non acredito nesa posibilidade. Creo que forma parte sobre todo do discurso do Partido Popular para crear unha imaxe equívoca. Ou eu ou o caos. Os datos e as percepcións que teño indican que non se vai en absoluto cara ese escenario e que a forza política que está en condición de imprimirlle un cambio de rumbo a esta cidade frente as ofertas do PP e do PSOE é o BNG.

Conta cunha longa traxectoria política, pero que aprendeu Jorquera destes últimos catro anos na corporación municipal?

Creo que aprendín a coñecer con mais detalle os problemas da cidade, as necesidades dos barrios, o funcionamento dunha institución que descoñecía, como é a corporación municipal. Sinceramente, creo que despois destes catro anos estou moito máis preparado para asumir o reto de ser o alcalde da Coruña. Creo que as coruñesas e os coruñeses saben que un alcalde do BNG será dialogante a hora de relacionarse con outras administracións, pero ao mesmo tempo vai ser esixente poñendo por diante os intereses da Coruña. Non se vai comportará como un delegado do Goberno central na Coruña, nin como un delegado da Xunta na Coruña; vai comportarse realmente como alcalde de todas as coruñesas e coruñeses.

Que sería o primero que faría no caso de chegar a ser alcalde da Coruña?

Pois faría duas cousas en lugar dunha. Duas cuestións que trascenden do simbólico. Foron acordos unánimes que tomou esta corporación municipal a instancias do BNG, pero que o Goberno de Inés Rey non os materializou. Unha medida é presentar unha demanda contra os Franco para recuperar a Casa Cornide para todas as coruñesas e todos os coruñeses. Este foi un dos primerios acordos que adoptou esta Corporación no inicio de mandato. Dende aquela Inés Rey anunciou 50 veces que esa demanda era inminente pero seguimos esperando. Polo tanto, un alcalde do BNG garante que esa demanda vaise presenta de inmediato. En segundo lugar, tamén esta Corporación acordou concederlle o título de Fillos Adoptivos da Coruña a Ibrahima e Magatte, os dous mozos senegaleses que arriscaron o seu futuro nesta cidade, incluso a sua vida, para intentar protexer a Samuel Luiz da salvaxe agresión que acabou costándolle a vida. Eso foi un acordo unánime tomado por toda a Corporación, a iniciatva do BNG, pero tampouco se materialixou. De inmediato otorgaremos o título de Fillos Adoptivos da Coruña a Ibrahima e Magatte.

Francisco Jorquera, candidato do BNG, en 8 "curiosidades"

Socio do Dépor?

Son accionista. Son deses pequenos accionistas que suscribiron accións cando o Deportivo se transformou en Sociedade Anónima Deportiva. Creo que houbo máis de 20.000 antigos socios que neses momentos suscribiron accións, eu entre eles. Logo, ao longo da miña vida fun abonado durante moitas tempadas. Nestes momentos non o son porque coa vida que teño, se ainda por riba vou a todos os partidos de Riazor, creo que me vou atopar a casa pechada. Son deportivista e sigo sempre o Deportivo.

A tortila, con ou sen cebola?

Sen cebola e modo Betanzos, é como máis me gusta.

Que lle recomendaría visitar a alguén que nunca estivo na Couña?

As galerías da Mariña e o xardín de San Carlos.

Un referente político

Ana Pontón

Unha personaxe histórica que lle gustaría ter coñecido

Castelao

Un plan de domingo para disfrutar da cidade

O que fago moitas veces é baixar coa miña muller dende o barrio no que vivimos, O Castrillón, ata o centro para ir polo Paseo Marítimo, A Mariña e ir polas ruas dos viños a tomar algo.

Unha canción para escoitar na xornada de reflexión

Como estamos en campaña e estamos pedindo unha oportunidade para o BNG, a canción é Give Peace a Chance, de John Lennon.

Complete a frase: "A Coruña é unha cidade perfecta para.."

Vivir

Actualidad