El Español
Treintayseis
Cultura
|
Audiovisual

Chelo Loureiro: "No se me ocurriría montar una productora en un sitio que no fuera Ferrol"

La productora ferrolana que ganó un Goya habla de su trayectoria, los entresijos del mundo del cine de animación, las difultades de ser mujer en la industria cultural y cómo dio el paso de montar Abano Producións en la ciudad naval
Chelo Loureiro, productora de cine ferrolana especializada en animanición
REBECA CORDOBÉS
Chelo Loureiro, productora de cine ferrolana especializada en animanición
Ofrecido por:

Chelo Loureiro es el ejemplo de que se puede llegar a lo más alto desde cualquier esquina del mundo. Incluso desde Ferrol, la ciudad donde nació en 1958 y donde decidió fundar Abano Producións en 2007. Podría haber elegido cualquier otro lugar para abrir la empresa que la catapultó a ganar el Goya a mejor contrometraje de animación diez años después (y a ser nominada en seis ocasiones más). Lo hizo con Decorado, una obra tan gallega como su autor. Y es que Chelo Loureiro ha seguido una trayectoria ligada a la cultura autóctona. Artes pláscticas, literatura, música, cine... Ha trabajado en todos los sectores imaginables de la industria cultural.

Ahora dirige Abano y está especializada en cine de animación. Una técnica que la ha llevado tanto a participar como a ganar premios en festivales internacionales de renombre. Pero Chelo Loureiro comenzó su vida laboral como cualquier ferrolana: dentro de los astilleros de Bazán (actual Navantia). La reconversión y su deseo de dedicarse a la industria cultural fueron los motivos por los que dejó su trabajo fijo por la cultura. Primero en La Voz de Galicia, luego como gerente de la Galería Sargadelos y más tarde como fundadora de El Diario de Ferrol.

Además de producir 18 obras con Abano, Chelo Loureiro logra sacar tiempo para el activismo. En concreto, en la lucha por la igualdad entre hombres y mujeres en la industria del cine. Por eso forma parte de CIMA, la Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales. Este es uno de los temas que trata la ferrolana mientras disftruta de un café en la calle Real. Además, habla de los entresijos del cine de animación, de su paso por el resto de industrias culturales y de las razones que la llevaron a apostar por Ferrol desde la gran pantalla.

Del astillero a las salas de cine

Como muchos ferrolanos, comenzaste tu vida laboral en Bazán (actual Navantia). ¿Por qué decidiste cambiar el astillero por las salas de cine?

Casualidade. Realmente fixen unha carreira técnica porque era o que podía fecer en Ferrol. Por cuestións familiares non era fácil que me fose fóra. Entrei en Bazán por oposición e podería estar toda a miña vida alí, pero a cabra tira ao monte e me va máis o mundo das industrias culturais.

Después de pasar por Bazán, trabajaste en el sector de la comunicación y participaste en la fundación de Diario de Ferrol. ¿Cómo fue ese proceso?

Ferrol é unha das cidades onde naceron máis cabeceiras xornalísticas de todo o mundo. Aquí naceron case 400 cabeceiras. Cando nós montamos, a última cabeceira local había 25 anos que desaparecera. Era a única cidade de Galicia que non tiña cabeceira local e pensabamos que era necesaria.

Juan Ramón Díaz, que foi director de La Voz de Galicia cando traballei alí ao saír de Bazán, me chamou. Me presentou un proxecto no que non creín porque era unha delegación de El Ideal Gallego. Lle presentei unha contraoferta: ter unha cabeceira local independente con 50 empleados. Dixo que non, pero aos seis meses me chamou e dixo que estaba disposto a correr ese risco se en cinco anos daba beneficios. Montamos El Diario de Ferrol e conseguimos dar beneficios en tres anos.

Trabajaste en varios sectores culturales, además del cine. ¿Cómo fue el paso por la Galería de Sargadelos?

Estar en Sargadelos organizando miles de actividades, exposicións de arte, presentacións de libros, concertos... Che da un coñecemento moi bo do mundo cultural que hai en Galicia. Coma sempre fun moi fan do cine de animación, pois dicía con todo esto podemos facer cine de animación desde Galicia con personalidade propia e con identidade propia.

Trabajas mucho con autores gallegos, ¿hay talento en Galicia?

Moitísimo. Date conta que en torno ao 50% das películas de animación que gañaron un Goya son galegas. Feitas en Galicia e con talento galego.

Chelo Loureiro como productora de cine

Ganaste un Goya en 2017 y estuviste nominada en seis ocaciones más, ¿resulta complicado llegar tan alto desde Ferrol?

O Goya sae da Academia de Cine e o problema que hai é que dos 1.700 académicos que hai, 700 serán de Madrid. Galegos somos 33. Ao principio o Goya non tiña moita importancia porque non levaba moita xente ao cine. Neste momento cando unha película gaña un Goya si significa que conseguerá cartos. Hai máis pelea por eles e se fan lobbies. Se quedan finalistas catro películas e unha dela é de Madrid, vai gañar a de Madrid.

Os académicos votan aos amigos e somos conscientes de que non é bo. Quedan fóra traballos boísimos. Se fai moitísimo cine independente e hai películas que son verdaderas xoias, pero non teñen cartos para facer unha gran campaña. Os premios das academias non teñen o mesmo valor que os dos festivais, que contan con xurados especializados. A un festival chegan miles de curtas e estar entre as seleccionadas xa é difícil. Teñen que ser boas desde o minuto cero.

Pero podes chegar. Da igual o lugar xeográfico. Non importa onde esteas, senón que o que fagas sexa bo e que guste. O importante é ter unha boa historia que contar e ter unhas boas profesionais porque o problemas do cine é que ten moitísimos oficios. Todo o equipo ten que ser bo porque se nota na calidade final.

Chelo Loureiro recogió el Goya a mejor cortometraje de animación en 2017.

El cine es un trabajo de equipo, ¿eso lo hace más complicado?

Nunha película de animación poden traballar ata 500 persoas. Nunha de imaxe real poden traballar 80 persoas e hai vintetantas especialidades. Sobre todo hai que saber traballar en equipo. Todos son traballos artísticos, aínda que sexan técnicos, e sae o tema de egos. Desde logo o cine é a arte máis difícil do mundo, pero é apaixonante.

Estás especializada en animación. ¿Crees que tiene el suficiente reconocimiento en el mundo del cine? ¿O por el contrario está desprestigiada por la relación que se hace entre animación y público infantil?

Aquí se da unha incongruencia. Cando falamos de cine de animación todo o mundo o relaciona con debuxos animados para nenos. Pero se miras a taquilla mundial, as películas máis traquilleiras son as de animación. Obvimente as dos grandes estudios, que moven uns orzamentos en torno a 100 millóns de dólares por película e conseguen facer unhas taquillas brutais. Non hai películas que fagan tantos cartos como as de animación.

Pero en xeral todo o mundo infantil da cultura é coma se fose o irmán pequeno. Pasa no teatro, na música, na literatura... A xente que fai cultura para nenos no é coñecida porque se dedica ao mundo infantil. No cine pasa igual. Tanto o cine de animación como o cine documental se ven como irmáns pequenos. De feito, nos premios nos temos as mesmas categorías que calquera outra cinematografía. Sen embargo, é moi difícil que te nominen a mellor guion, mellor música, mellor dirección de fotografía... Temos profesionais en todas esas áreas, pero non nos ven.

Hai unha razón e é que o 50% dos académicos son actores e actrices e nunca van a votar unha peli de animación porque non lles interesa. Lóxicamente votan ás súas películas. Na Academia de España creo que non chegamos a 50 académicos de animación. Por eso é que os premios teñen certa relatividade. O verdadeiro premio é poder facer o traballo.

De las 18 obras que produjistes con Abano, ¿hay alguna a la que le tengas un cariño especial?

Non, para min a parte máis interesante é a de crear a unha empresa. Cando empecei no mundo do cine me decían "a ver canto aguantas" e eu decía "non o sei, pero ata que me aburra". Porque realmente das outras empresas fun marchando cando xa o traballo era repetitivo.

A diferencia coa produción é que cada obra é un proxecto novo que non ten nada que ver co anterior. Unha das cousas que paso a vida explicando é que a animación non é un xénero, é unha técnica. Un xénero é comedia, aventura, cine negro... En animación podo facer todo eso, pero o podo facer con 2D, 3D, stop-motion, pixelación... Hay un montón de técnicas. Entre facer unha película e a seguinte ao mellor a técnica cambia e non me vale ningunha das personas coas que traballei porque traballan nun sector moi especializado.

Unha película me pode levar ata sete anos. Despois de sete anos non podes decir que che gusta máis unha que outra. As películas son como fillos. Quizáis De profundis, que foi a primeira longa que fixen deixou unha fonda pegada en mi. Tamén a primeira curta que fixen, con Saramago, tamén foi delicioso. Estreamos no Jofre e veu Saramago, Emilio Aragón... Foi súper bonito. De cada proxecto teño moitísimas lembranzas. Para min son todos moi especiais.

¿Cambia mucho el traballo de producción en animación con respecto a las películas de imagen real?

Non é moi diferente. A produción consiste en elexir un proxecto que che guste, unha historia que pode gustar, buscar todo o equipo, a técnica que se adapta mellor a cada historia e levantar a financiación, que é o máis difícil. Supoño que en eso consiste o traballo dun produtor, en ser capaz de elexir ben o proxecto que queres facer para que teña un bo resultado.

¿Cómo se financian las películas? ¿Contáis con suficientes ayudas públicas?

Hai axudas para o cine como hai axudas para todas as industrias. Non hai industria con máis axudas que as eléctricas. En Francia adican en axudas ao cine cen veces máis que en España. Aquí non chegan a cen millóns de euros para todo o cine español. Ademais por lei ninguna empresa pode recibir en axuda pública máis do 50% do custo. No mellor dos casos poderíamos ter ese 50%, pero o resto tes que levantalo por outros casos.

Agora acabo de estar no Cartoon Movie, que é o maior mercado de cine de animación europeo. E precisamente o 50% do cine de animación europeo é francés porque teñen uns orzamentos fortes. Eu tiven a sorte de que un dos proxectos que estou producindo foi seleccionado e quedou entre os dez máis valorados. Todos os demáis eran franceses.

¿Tanto se nota el presupuesto de una película en su resultado?

En animación se nota moitísimo. Unha película de imaxe real se pode facer cun orzamento moi modesto se a historia é boa e buscas bos actores, aínda que non sexan coñecidos. Pero en animación ou tes os cartos para pagar bos animadores e o software... Ao final son moitos meses de traballo, moita xente traballando e os custos se elevan. Cada euro en animación se nota moito.

¿Resulta más fácil vender una película con la aparición de las plataformas de streaming?

A competencia é a mesma porque todos vamos a esas mesmas plataformas. Agora temos a sorte de que Netflix ten unha delegación en España, pero solo compran ficción. A animación a compran desde Los Ángeles.

Ser mujer en el mundo del cine

Estás dentro de CIMA (Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales) y eres activista por la igualdad de género. ¿Es complicado ser mujer dentro del mundo del cine? ¿Lo tienen más difícil las profesionales técnicas que las actrices?

Nin sendo actriz é fácil. Hai moitos máis papeles masculinos que femeninos. A relación é de 70-30, sendo o 52% de toda a sociedade. O 80% dos directores e guionistas son homes e escriben hisorias onde son eles os protagonistas. Por eso pedimos igualdade, non so por cuestións laborais, senón nos contidos. Por exemplo, habendo moitas menos actrices que actores nunha obra, apenas teñen diálogo. Os que levan o peso e os protagonistas son eles.

Desde CIMA levamos 15 anos traballando. Fumos aplicando unha serie de medidas que non funcionaban ata que se adoptaron con moitísimo traballo e co apoio do Goberno. Xa estamos empezando a ver a diferencia. Pero esto pasa en todos o mundo da cultura. Dicen que se hai talento se chega, pero non é certo. O talento solamente se pode medir no momento que hai igualdade.

¿Qué queda por hacer en tema de igualdad en el cine?

Chegar ao 50-50. Queremos que no 2025 sexamos o 50% en todas as profesións do cine. Este ano gañou por primeira vez o Goya unha directora de fotografía. Hai pouquísimas directoras de fotografía porque non buscan a mulleres. As hai, e as hai boísimas, pero non as chaman para facer longametraxes.

Agora para pedir axudas públicas un dos requisitos é que se tes mulleres como xefas de equipo te dan máis puntos e podes ter máis cartos. Grazas a eso están empezando a chamar a mulleres e se dan conta de que non solo as hai, senón que ademais gañan premios. O número de proxectos de mulleres son menores, nos Goya eran un 37%, pero gañaron a metade dos premios. Esto quere decir que os traballos son bos porque como nos costa tanto chegar temos que esforzarnos máis.

Chelo Loureiro en Ferrol.

¿Que le dirías a una niña que quiere ser productora de cine?

Eu non creo que ninguna nena me diga porque ninguén sabe en que consiste o traballo de produción. Os traballos de estar detrás non teñen moita visibilidade.

Para ser produtora tes que ter unha serie de cualidades. Hai que tocar moitos instrumentos. O que lle diría é que se quere producir cine empece a traballar nunha produtora, aínda que sexa poñendo cafés, e aprenda todo o que poda da xente que a rodea para ver se realmente ten esa capacidade. É no traballo onde de verdade se aprende. Se queres facer algo, non te pares, vai por elo e aprende dos mellores. Aínda que teñas que pagar, paga a pena.

Apostar por Ferrol desde la gran pantalla

Ferrol tiene fama de ser una ciudad complicada para montar una empresa, ¿cómo es que decidiste dar el paso de abrir aquí Abano Producións?

Eu son de Ferrol, vivo en Ferrol e gústame Ferrol. Creo que hai apostar pola cidade, o merece. É unha cidade cunha traxectoria errática ao longo da historia, con moitísimos altibaixos, pero non se me ocurriría montala noutro sitio. Ás veces teño que traballar en Coruña ou en Santiago, pero todo o que podo facer en Ferrol, o fago en Ferrol.

A parte, fago patria en todas partes. Con esto de Yolanda Díaz non sabes a de chamadas que tiven de colegas dicindo "¿pero vamos a tener una vicepresidenta de tu pueblo?". Todo o mundo sabe que son de Ferrol porque alá por onde vou, o digo.

¿Crees que Ferrol tiene futuro?

Eu creo que calqueira sitio ten futuro porque todo depende das persoas. As persoas somos as que somos capaces de conseguilo todo. En Ferrol hai xente interesantísima de todos os niveis. Mira a Yolanda Díaz, por exemplo. É a terra de Concepción Arenal, de Canalejas... O que pasa é que moitos marchan porque é difícil desde aquí. Pero o importante é ter equipos que aposten pola cidade. Penso que ten futuro, por suposto.

¿Puede el mundo del cine hacer algo por Ferrol?

Atraer rodaxes. O cine é a mellor marca para un país. España é un país turístico en parte polo que mostramos no noso cine. As cidades máis visitadas do mundo son as que máis rodaxes acapararon ao longo da historia. A cidade con máis turistas do mundo é New York e todos a coñecemos a través do cine. Cando Woody Allen rodou Vicky Cristina Barcelona levou máis turismo americano a Barcelona que nunca.

Por exemplo, as axudas do cine francés non son só para o cine francés, senón para os que queramos ir a rodar a Francia. Teñen clarísimo que se dan unha axuda a un produtor que quera rodar alí, esa axuda se vai multiplicar por 30. O equipo que chega alí ten que facer contratación local, ten que comer, ten que durmir e gasta.

En todos os países hai films commissions. Son oficinas que se encargan de atraer rodaxes. Galicia ten escenarios naturais fermosísimos e Ferrol en partiular ten unha paisaxe fermosa. Ogallá se crease unha film commission de Ferrol porque sería a mellor maneira de atraer rodaxes.

¿Y puede Ferrol hacer algo por la cultura local?

Crear unha film commision (risas).

Cultura